Agrobiotech reúne en Ourense 300 firmas agroalimentarias e de biotecnoloxía

Máis de 300 representantes de empresas e centros de investigación dos sectores biotecnolóxico, agroalimentario e da biomasa daranse cita os vindeiros 26 e 27 de novembro no Encontro Agrobiotech Innovación, un evento deseñado para abrir novas oportunidades de negocio que terá lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, en San Cibrao das Viñas (Ourense). Este encontro enmárcase no Programa Agrobiotech Innovación, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e da Tecnópole. A inscrición, de carácter gratuíto, está aberta, con opcións para diferentes formatos de participación.

AgroParisTech, unha institución francesa de investigación que participará no encontro.
AgroParisTech, unha institución francesa de investigación que participará no encontro.

O evento está deseñado para compartir coñecemento sobre as últimas tendencias e innovacións nos tres sectores de referencia, para o que expertos a nivel internacional ofrecerán un total de 15 ponencias paralelas sobre temas como os alimentos e cosméticos funcionais, os biocombustibles de segunda xeración, experiencias de éxito na promoción da agricultura ecolóxica e novas fórmulas para mellorar a vida útil dos produtos lácteos, entre outros.
Entre os ponentes atópanse representantes de empresas como Bayer, AstraZéneca, Unilever e Glaxo Smith Kline (GSK); de entidades de investigación como AgroParisTech, o Centro de Investigación en Nutrición e Envellecemento da Universidade de Tufts (Boston) e a Universidade de Porto; e de entidades como a Plataforma Tecnológica Española de la Biomasa (BioPlat) e a Asociación Española de Bioempresas (Asebio).

Grandes firmas como Unilever, Bayer, AstraZéneca ou Glaxo estarán no Tecnópole

As ponencias complétanse cun amplo programa de actividades dirixidas a xerar novas oportunidades de negocio a través da captación de clientes; o contacto con novos provedores; a apertura de novos mercados; a identificación de socios comerciais, financeiros ou industriais; e o acceso a información sobre as prioridades e necesidades da Administración galega. Para favorecer o intercambio de coñecemento especializado, ademais dos relatorios organizaranse mesas redondas e talleres sectoriais de carácter práctico a cargo de expertos en cada unha das tres áreas de referencia.
No ámbito concreto do emprendemento, os organizadores facilitarán un espazo onde emprendedores dos ámbitos da biotecnoloxía, a agroalimentación e a biomasa poderán presentar nun formato áxil de 10 minutos os seus proxectos a potenciais investidores. O programa completarase con visitas guiadas a empresas e centros tecnolóxicos con actividade nos sectores de referencia.
Segundo informou Tecnópole, os destinatarios principais deste evento son empresas demandantes ou ofertantes de produtos, servizos ou tecnoloxía nestes tres sectores, institucións con intereses neles e clústers, asociacións empresariais e centros tecnolóxicos con actividade nestes ámbitos. Máis información en encontro.agrobiotechinnovacion.es.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un fármaco para recuperarse tras un ictus e unha tecnoloxía de selado de latas, Premios á Transferencia

Os galardóns que outorgan a Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación premian un grupo do IDIS e outro da UVigo

Así empregan no CINBIO a auga termal das Burgas con fins científicos 

O grupo Biomasa e Desenvolvemento Sostible (EQ-2), localizado en Ourense, é referente no estudo de técnicas para a extracción de compostos químicos menos daniñas co medio ambiente

A microbiota intestinal abre unha nova vía para previr a deterioración cognitiva

Un equipo do CSIC identifica en persoas maiores de 55 anos sas unha relación entre o ecosistema microbiano e a actividade cerebral asociada á memoria, á linguaxe e ás emocións

Medio centenar de biotecnolóxicas galegas revelan o seu potencial en BioSpain

As sesións abordan os últimos avances en xenómica, edición xenética (CRISPR), terapias oncolóxicas e inmunoterapias e bioloxía sintética, entre outros