Mércores 6 Decembro 2023

Conexión móbil, empresas e Administración electrónica tiran da Galicia dixital

Mesa de traballo de GCiencia
Mesa de traballo de GCiencia.

Os fogares e empresas galegos están máis e mellor conectados a Internet, e gozan dun dos mellores servizos de Administración electrónica do Estado. Estas son as principais conclusións do informe anual La Sociedad de la Información en España 2013 da Fundación Telefónica, no que, malia as melloras notables identificadas no desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comuncación (TIC) en Galicia, se detectan aínda diverxencias respecto á media estatal.

O informe tamén salienta que o sector TIC empeza a ter especial relevancia no tecido empresarial de Galicia, que se sitúa como quinta comunidade autónoma en número de empresas de tecnoloxía da información e da comunicación (2.029), cun crecemento do 2,7% e 15.144 postos de traballo.

Cidadáns

O informe revela que o 68,5% dos fogares galegos dispoñen de ordenador e que a conexión a Internet se disparou en máis de 11 puntos porcentuais nos últimos dous anos, até o 64,7%. Unha porcentaxe que, en todo caso, segue sendo moi discreta respecto ó 69,8% da media estatal. Ademais, a penetración da banda ancha nas vivendas galegas creceu un 1,7 puntos respecto ao ano 2012, até o 64%, pero segue lonxe da media española, cunha diferenza de 4,9 puntos.

Porén, Galicia destaca no segundo posto das comunidades autónomas en conexión móbil a Internet: un 55,2% das viviendas con conexión á rede accede a través de un dispositivo móbil por banda ancha, 8 puntos porcentuais máis que a media estatal.

Administración electrónica

A comunidade galega tamén ocupa unha posición destacada no uso da eAdministración. Un 61,5% dos internautas galegos obtivo información de páxinas web da Administración (5,5 puntos máis que a media estatal) e un 43,1% descargou formularios oficiais (3,5 puntos máis que a media estatal). Este datos colocan os servizos da Administración electrónica galega no segundo posto en España. [box size=”large”]Os servizos da Administración electrónica galega sitúanse no segundo posto en España[/box]

Tamén creceu a interacción das empresas galegas coas administracións públicas a través dos servizos en liña. En concreto, detectouse un incremento dun 2,7% respecto ao ano anterior, até acadar o 88,4% de empresas de 10 e más empregados que interactuaron coa eAdministración no ano 2013. Indicadores que colocan o uso e utilidade da Administración electrónica galega por enriba da media estatal, tanto na obtención de información como na descarga e tramitación de impresos. Así, un 57,3% das mpresas galegas obtivo impresos en liña da Xunta de Galicia e un 47,4%  entregounos vía Internet, é dicir, 3 e 1,8 puntos máis que a media do Estado, respectivamente.

Galicia tamén é pioneira en España no sistema de facturación electrónica, que recibiu neste formato o 30% das facturas desde a súa posta en marcha no ano 2010.

Empresas

No eido empresarial, o máis salientable é que, por primeira vez, as microempresas galegas converxen coa media estatal na dispoñibilidade de ordenador e conexión a Internet. A porcentaxe destas empresas que dispoñen de ordenador disparouse un 13,6% e é xa dun 71,2%, só catro décimas por debaixo da media estatal, que só creceu un 0,4%.  Ademais, a conexión a Internet das microempresas de Galicia creceu un 12,3%, até o 64,9%, pero aínda está 6,6 puntos por debaixo da media do Estado.

Entre as microempresas con conexión a Internet, un 90,8% dispón de banda ancha fixa e un 52,2% de banda ancha móbil, cun crecemento do 35,2%. E un 28,1% destas empresas con conexión á rede dispón de páxina web, un 15,2% máis que o ano anterior, cunha diferenza de só 1,2 puntos coa media estatal.

[box size=”large”]As empresas galegas de 10 ou máis empregados con conexión a Internet superan a media estatal[/box]

O informe da Fundación Telefónica calcula que un 98,2% das empresas galegas de 10 ou máis empregados teñen contratada conexión a Internet, superando a media estatal (98%). Ademais, un 99,3% destas dispoñe dunha conexión de banda ancha, accedendo o 64,8% a través de telefonía móbil. Un 56,4% ten unha velocidade entre 2 Mbps e 10 Mbps, e un 29,6% entre 10 Mbps e 30 Mbps.

No referente á presenza en liña, un 64,4% destas empresas dispoñe de páxina web. E o 74,4% utiliza software de código aberto, 3,9 puntos máis que a media estatal.

Outro aspecto destacado das empresas galegas deste segmento con conexión a Internet é o emprego da firma dixital, utilizada por un 72,4%, superando a media estatal en 0,6 puntos. E entre as novas tendencias nas solucións TIC no eido empresarial, empezan a salientar a computación en nube, utilizada por un 16,3% destas empresas e a participación en medios sociais en liña por parte dun 25,6%. Un 11,6% empregou ademais canles en Internet de contidos multimedia.

Cara e cruz, pois, para a Galicia dixital, que sobresae na conexión móbil a Internet e a utilidade da Administración electrónica, pero que ten aínda que facer un gran esforzo por achegarse aos países máis desenvolvidos na penetración de Internet entre os cidadáns, á vez que asenta o crecemento do uso das TIC nas empresas máis pequenas.

A continuación móstrase a infografía da Fundación Telefónica cos datos máis salientables para Galicia.

galicia-digital-números

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia e Portugal alíanse para promover a dieta atlántica

Un observatorio promocionará os seus beneficios para a saúde e o desenvolvemento económico sostible na eurorrexión

Cambio radical no tempo en Galicia: volve a chuvia e baixan drasticamente as temperaturas

A partir do xoves caen os termómetros pola chegada dunha masa de aire frío polar. Na segunda metade da semana as precipitacións serán menos abundantes

Soengas: “Temos que facer pedagoxía coas novas xeracións porque ven un lado bastante negativo da ciencia”

A bióloga molecular analiza os retos que afronta a investigación oncolóxica en Galicia

Estes son os 10 cogomelos máis raros que podes atopar en Galicia

Pola súa forma, ou polo seu tamaño, incluso os hai que brillan na escuridade. Recompilamos as especies máis peculiares dos montes galegos