lingua

Vinte nomes da divulgación da ciencia en galego na rede que debes coñecer

Escolma de entidades e iniciativas que dan a coñecer a ciencia mediante a nosa lingua na rede

Cal é o dialecto do galego máis parecido ao normativo?

Un estudo analiza máis de 300 trazos morfosintácticos para identificar as falas que máis se asemellan á variedade estándar da lingua

‘Sentidiño’, elixida Palabra Galega do Ano 2019

O termo acadou o 51 por cento dos votos no certame que organiza o Portal das Palabras da Real Academia Galega

Toponimízate: unha ‘app’ colaborativa para conservar os nomes de lugar en Galicia

A Real Academia Galega coordina unha nova edición da campaña que busca implicar á sociedade na divulgación do patrimonio toponímico do país

Oito de cada dez persoas en Galicia escriben normalmente en castelán

A enquisa de coñecemento e uso do galego amosa unha fenda xeracional e diferenzas notables entre as zonas urbanas e rurais

O Son das Ideas: a física en galego con curiosidade, lóxica e leria

A canle de divulgación aborda a través de vídeo e podcasts asuntos como a forza da gravidade, a probabilística ou a tecnoloxía láser

“Crise climática” ou “cambio climático”: que expresión é máis acaída?

Un grupo de expertos, entre os que está o catedrático da Universidade de Vigo Xavier Labandeira, debaterán sobre os termos a usar para esta situación

Galicia acapara 45 dos 50 topónimos máis comúns no territorio español

A Igrexa (611 veces), O Outeiro (525), O Castro (332), Vilar (291) e A Torre (262) encabezan a lista dos topónimos máis habituais no país

Unha serie de ecuacións calcula a velocidade do cambio lingüístico en Galicia

Físicos da USC conclúen nun artigo en "Nature Communications" que a evolución no número de falantes é máis lenta nas urbes

Pilar Rodríguez Seoane, a pioneira da táboa periódica en galego

A profesora publicou no ano 1998 a táboa periódica en galego, que se incluíu nos libros de texto e no Anuario da Real Sociedade Española de Química

Un fito para a lingua: a táboa periódica en galego ao completo

O Consello da Cultura, as Academias da lingua e de ciencias, CienciaNosa e Política Lingüística impulsan a tradución completa no 150º aniversario da táboa

Así se constrúe o dicionario científico en galego

Filólogos, profesores e matemáticos colaboraron para engadir ao dicionario da RAG 168 novos termos e acepcións relacionados coas matemáticas

O galego, 5ª lingua do mundo no boletín da Unión Internacional de Astronomía

Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Ío, traduce desde 2016 unha publicación que só conta con versións noutros catro idiomas

Deseucaliptización é a Palabra do Ano 2018

O neoloxismo que reflicte a preocupación pola xestión forestal en Galicia recibiu máis da metade dos votos na iniciativa do Portal das Palabras

Deseucaliptización, fariña, sororidade… cal é para ti a palabra do ano?

A Real Academia dá a coñecer as seis finalistas (están tamén fascismo, feminismo e apoderamento); poderase votar ata o 25 de decembro

Lanzan a “Guía dos elementos químicos” en galego

O Centro Ramón Piñeiro edita unha obra que consta de 118 capítulos, un por cada un dos elementos da táboa periódica