Xoves 28 Marzo 2024

A Xunta sitúa no nivel máximo de restricións 115 concellos: estas son as novidades

O comité clínico eleva as limitacións diante do aumento da transmisión do SARS-CoV-2, polo que máis do 70% da poboación sitúase neste nivel

O comité clínico da Xunta de Galicia acordou na reunión desde luns o pase ao nivel máximo de restricións (que conlevaría o peche perimetral, a prohibición de consumir no interior dos locais de hostalaría e a redución de capacidade no exterior) a outros 56 concellos, entre os que se atopan as cidades de Vigo e Pontevedra.

Dos outros 54 concellos, 11 están na área sanitaria da Coruña e Cee; 3 na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 5 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 5 na de Pontevedra e O Salnés; 10 na de Vigo; 10 na de Santiago de Compostela e Barbanza e 9 na de Ferrol. Este martes, nunha comparecencia de prensa, daranse máis detalles sobre as medidas e o momento da súa entrada en vigor, xa que non foron aínda publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Publicidade

Esta é a listaxe completa:

  • Área sanitaria da Coruña: Betanzos, A Laracha, Sada, Abegondo, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Dumbría, Muxía, Oza-Cesuras, Sobrado e Vilasantar.
  • Área sanitaria de Lugo: Burela, Cervo e O Vicedo.
  • Área de Ourense: Celanova, Porqueira, Ribadavia, Trasmiras e Vilar de Santos.
  • Área de Pontevedra os concellos que soben ao nivel máis alto de restricións son A Lama, Catoira, Forcarei, Meis e Moraña.
  • Área sanitaria de Vigo: Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, Arbo, A Cañiza, As Neves, Crecente, Mondariz e Salceda de Caselas.
  • Área de Santiago: Ordes, Teo, A Baña, Negreira, Padrón, Rois, Dodro, Touro, Arzúa e Silleda.
  • Área de Ferrol: Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Mugardos, Neda, San Sadurniño e Valdoviño.

Estes concellos súmanse aos outros 60 nos que, desde a semana pasada, xa estaban establecidos peches perimetrais e outras limitacións. Estes concellos eran A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Carballo, Santiago de Compostela, Ames, Ribeira, Boiro, Rianxo, Noia, Ferrol, Narón, Fene, Cee, Camariñas, Cerceda, Laxe, Vimianzo, Cabanas, Pontedeume, Ortigueira, Outes, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Melide, Oroso, Trazo e Val do Dubra. Na provincia de Lugo: Vilalba, Viveiro e Xove. Na provincia de Ourense: Ourense, Barbadás, Carballiño, Verín, Allariz, Monterrei e Xinzo de Limia. E, na provincia de Pontevedra: A Estrada, Poio, Bueu, Moaña, Baiona, Ponteareas, Redondela, A Guarda, Tomiño, Tui, Vilagarcía, Vilanova, A Illa de Arousa, Valga, Pontecesures, Caldas de Reis, Cuntis, Oia, O Rosal e Salvaterra de Miño.

Ademais, o concello de Lugo, aínda que queda no nivel medio-alto, como o resto de Galicia, estará tamén perimetrado como os concellos no nivel máximo. No resto dos municipios galegos no nivel medio-alto está permitida a mobilidade, mais rexen as mesmas limitacións de reunión a 4 persoas non conviventes, o peche da hostalaría ás 18 horas e o confinamento nocturno ás 22h, entre outras medidas.

Tras sumar estes 55 concellos, Galicia pasará a ter 115 municipios no nivel máximo de restricións, o que supón un 72% do total da súa poboación. Nun primeiro momento, a Xunta incluíu Corcubión nas limitacións anunciadas o luns pola noite, pero minutos despois informou de que este municipio permanecía en nivel medio-alto.

Case 100 concellos superan o nivel de incidencia acumulada de 500

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas

O Goberno reúne datos de Xunta e concellos para exixir indemnización polos 'pellets'

O executivo central solicitará unha compensación polos servizos de Salvamento Marítimo durante o episodio de contaminación mariña

Comesaña: "O Centro de Protonterapia tratará pacientes de cancro en 2025"

O conselleiro de Sanidade fala da situación da sanidade galega e dos novos proxectos de terapias oncolóxicas