Xosé Bustelo, presidente da Asociación Española de Investigación sobre cancro

Un dos científicos galegos de referencia na loita contra o cancro, Xosé Ramón García Bustelo (Padrón, 1962), acaba de tomar posesión como novo presidente da Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer (Aseica). A entidade, creada hai 33 anos, é un dos principais altofalantes da comunidade científica no eido da oncoloxía molecular.

Xosé Ramón Bustelo doutorouse en Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela en 1990, e posteriormente desenvolveu a súa traxectoria investigadora nos Estados Unidos. Realizou unha estadía posdoutoral ata 1996 no Bristol-Myers Squibb Pharmaceutical Research Institute de New Jersey e foi despois investigador principal na universidade do estado de New York entre 1996 e 2000. Desde 1999 é científico titular e investigador do CSIC no Centro de Investigación del Cáncer de Salamanca, onde actualmente exerce tamén como vicedirector.

Publicidade

O investigador galego é tamén membro desde os inicios do Centro de Investigación Biomédica en Red no estudio do cancro (CIBERONC). Durante a súa carreira publicou 134 artigos e seis patentes. Recibiu varios premios científicos nacionais e internacionais, como o Baldwin Award for Breast Cancer Research (1997), o Sinsheimer Award for Cancer Research (1997) o Premio Nacional de Oncolozía da Fundación Echevarne (2003), a Medalla de Ouro da Irmandade de Fillos e Amigos de Padrón (2006), o Premio da Fundación Mutua Madrileña (2007), o Premio de Investigación Pfizer (2007) e o Premio “Severo Ochoa” de Investigación Biomédica (Fundación Ferrer, 2007).

Destaca tamén pola súa participación en actividades formativas, o fomento do intercambio de técnicas e investigadores, o apoio e asesoramento a proxectos de cooperación internacional. Hai dúas semanas participou na Coruña na xuntanza de Mozos Investigadores celebrada no Muncyt.

Publicidade

En declaracións recollidas polo CIBERONC, Bustelo subliña que “alén do orgullo de ser recoñecido pola comunidade científica do país para este posto, creo que isto representa unha nova oportunidade para impulsar as actividades de Aseica, sobre todo no referente a afianzar a súa proxección internacional, a promoción da investigación ante as axencias gobernamentais, a interlocución cos pacientes e, sobre too, a integración na nosa sociedade científica dos mozos científicos españois que están traballando actualmente tanto dentro como fóra do país”.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

Galicia, entre as comunidades con máis mortalidade por cancro: estas son as causas da desigualdade

Un informe europeo revela que a taxa de falecementos é maior e a redución de mortes é menor ca en rexións como Madrid e Cataluña

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión