Un virus axuda a combater unha bacteria multirresistente nun paciente con baixas defensas

Un enfermo inmunodeprimido cunha infección cutánea grave por 'M. chelonae' foi tratado con éxito con un bacteriófago, xunto con antibióticos e cirurxía

Unha terapia con virus bacteriófagos mostrou a eficacia nun paciente inmunodeprimido cunha infección por Mycobacterium chelonae multirresistente. O equipo do Brigham and Women’s Hospital, da Escola de Medicina de Harvard (Estados Unidos) combinou o tratamento con antibióticos e cirurxía.

Os bacteriófagos son un tipo de virus que atacan especificamente a determinadas bacterias e a súa utilización fronte ás que presentan múltiples resistencias aos antibióticos considérase unha estratexia antimicrobiana alternativa.

Publicidade

Os resultados do traballo, publicados en Nature Communications, describen a resposta clínica observada no primeiro caso de infección por M. chelonae tratado con terapia bacteriófaga.

A M. chelonae asóciase habitualmente a infeccións da pel e tecidos brandos —sobre todo en persoas con sistemas inmunitarios débiles—, pero é difícil de tratar debido á ampla resistencia aos fármacos antimicrobianos.

Publicidade

Interaccións co sistema inmunitario humano

Segundo explican os autores do estudo, os bacteriófagos son capaces de infectar e matar os hóspedes bacterianos, pero o seu uso clínico actual é limitado debido ás complexas interaccións co sistema inmunitario humano.

A terapia con estes virus demostrara anteriormente que pode tratar con éxito a infección por Mycobacterium abscessus (que é amplamente coñecida pola súa ampla resistencia aos antimicrobianos), pero non a infección por M. chelonae.

Agora, o grupo de Jessica Little informa sobre o tratamento dun paciente inmunodeprimido, que ademais desta infección cutánea padece artrite seronegativa.

Microscopio electrónico de varrido (SEM) mostra unha serie de bacterias Gram-positivas, Mycobacterium chelonae, con forma de bastón./ Janice Haney Carr / SINC

Tras administrarlle un único bacteriófago, xunto cos antibióticos e a cirurxía, os investigadores constataron que o paciente “mostrou unha excelente resposta clínica, cunha diminución da inflamación e a nodularidade das súas lesións cutáneas nos meses seguintes ao tratamento, e non tivo efectos secundarios adversos á terapia de bacteriófagos”.

Os resultados deste traballo mostran que os bacteriófagos poderían ser unha opción terapéutica prometedora para as infeccións multirresistentes.

Con todo, os autores resaltan que hai que seguir investigando para mellorar a nosa comprensión das respostas inmunitarias humanas e a seguridade da terapia con fagos (sobre todo tendo en cuenta a carga clínica das infeccións en individuos inmunodeprimidos), así como a resistencia aos fármacos nas micobacterias.


Referencia: Bacteriophage treatment of disseminated cutaneous Mycobacterium chelonae infection (Publicado en Nature Comunications)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

A loita contra a resistencia antimicrobiana: “As vacinas reducen o uso de antibióticos”

Un informe advirte que a farmacorresistencia causa máis de 1,3 millóns de mortes a nivel mundial, cifra que podería chegar a 10 millóns para 2050

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades

Científicos galegos avalan as terapias con realidade virtual para persoas con dano cerebral adquirido

Dous estudos pioneiros demostran a eficacia dun modelo baseado en 'exergames' que combina estimulación física e cognitiva