Un programa da USC contra o cancro, na elite de GlaxoSmithKline

O programa Discovery Fast Track da compañía GlaxoSmithKline (GSK) seleccionou entre os proxectos gañadores da súa convocatoria de 2015 un proxecto no que colaboran a Plataforma Innopharma da USC e o Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB-CSIC). Esta é unha das seis propostas gañadoras, elixidas entre 378 proxectos procedentes de 21 países de Europa e Norteamérica. A investigación centrarase no desenvolvemento dun programa de inmunidade fronte ao cancro aplicado á estratificación de pacientes.

O obxectivo da convocatoria Discovery Fast Track é acelerar a traslación da investigación desenvolvida nos laboratorios ao tratamento de novas terapias. Os profesores Ángel Carracedo e Mabel Loza de Innopharma, e Isabel Mérida do CNB-CSIC, colaborarán co equipo científico de GSK do programa Discovery Partnerships with Academia (DPAc) para cribar os compostos da quimioteca de GSK fronte dianas concretas. Os compostos activos poderían constituír as bases dun programa de descubrimento de fármacos completo que podería, en última instancia, conducir ao achado de medicamentos innovadores fronte o cancro.

Publicidade

O programa DPAc xunta a ampla experiencia dos centros académicos no campo da bioloxía e en certas enfermidades coa da compañía farmacéutica en descubrimento de fármacos co fin de crear equipos integrados que colaboren no descubrimento de tratamentos.

Innopharma desenvolve fármacos nas súas primeiras fases

A Plataforma de Farmacoxenómica Innopharma da USC reúne as capacidades das plataformas de Xenómica e a de cribados de fármacos que dirixen Ángel Carracedo e Mabel Loza, respectivamente. Innopharma é unha plataforma de alto rendemento da USC recoñecida como unha das oito asociadas á Rede Europea ESFRI EU-OPENSCREEN, sendo a única de farmacoxenómica. Esta é unha iniciativa financiada polo Fondo para a Tecnoloxía da UE a través do Ministerio de Economía e Competitividade, promovida pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) cun orzamento total de 10 millóns de euros para o período 2012-2015.

Publicidade

Unha das actividades de Innopharma é a colaboración na aplicación de mecanismos innovadores a descubrimento de fármacos co obxectivo de xerar co desenvolvementos temperás cos axentes implicados no traslado rápido e eficiente aos pacientes. É unha iniciativa construída sobre os máis de quince anos de experiencia de colaboracións público-privadas e máis de dez novas entidades químicas (NCE) en fases clínicas.

No proxecto seleccionado participa o Centro Nacional de Biotecnoloxía (CSIC)

O Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB-CSIC) é un centro pertencente á Axencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Inaugurouse en 1992 coa misión de liderar o desenvolvemento da Biotecnoloxía moderna en España. Con máis de 600 profesionais, traballa nas áreas de viroloxía, microbioloxía, bioloxía de plantas, inmunoloxía e oncoloxía.

O CNB caracterízase ademais polas súas plataformas científico/técnicas que proporcionan os últimos avances tecnolóxicas nas áreas de bioloxía estrutural e procesamento de imaxe, xeración de ratóns e plantas modificadas xeneticamente, xenómica, proteómica, bioinformática e bioloxía computacional. Destaca ademais polas súas instalacións, incluíndo animalario, invernadoiro, e un dos poucos laboratorios de alto nivel de bioseguridade en España. Foi recoñecido por un xurado internacional como un dos oito centros de excelencia ‘Severo Ochoa na área das Ciencias da Vida e a Medicina’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade

Unha nova Unidade Mixta da USC impulsa terapias innovadoras en cancro e enfermidades inflamatorias

A colaboración con SunRock Biopharma integra grupos do CiMUS para validar candidatos terapéuticos en fases temperás