Un doutor vigués presenta un método para detectar o cancro bucofarínxeo cunha proba de saliva

O xefe de servizo de Otorrinolaringoloxía do hospital Povisa, Roberto Valdés, vén de presentar como froito da súa tese de doutoramento realizada na Universidade de Vigo, un sistema de biomarcadores ópticos para identificar de forma rápida e incruenta se un paciente pode ter un cancro bucofarínxeo. Este sistema está baseado na análise da mucosa do paciente mediante espectroscopia Raman, descuberta polo Premio Nobel de Física C. Venata Raman na década de 1930, e que consiste na interacción dos fotóns emitidos por unha fonte de enerxía coas moléculas da mucosa que se estuda. O sistema foi desenvolto coa colaboración do proxecto Biocaps, unha iniciativa na que participan a propia Universidade de Vigo, o Sergas, o Instituto de Investigacións Biomédicas e a Fundación Biomédica Galicia Sur.

Este novo método virá a substituír o empregado na actualidade, que para a diagnose deste tipo de tumores emprega a inspección de cavidades e a toma de biopsias das lesións sospeitosas, tratándose dun método cruento, lento e parcialmente subxectivo, que supón demoras de diagnose e non é susceptible de empregarse como ferramenta de cribado para grandes poboacións.

Publicidade

Os cancros de cabeza e pescozo ocupan o sexto lugar por orde de incidencia a nivel mundial e, dentro deste grupo, os da cavidade oral e orofarinxe representan o 2.6% dos tumores diagnosticados en España. A súa incidencia vai en aumento debido ao envellecemento poboacional e a outros factores de risco como o tabaco e o alcol.

O traballo do doutor Valdés foi publicado por dúas revistas científicas de relevancia internacional, Journal of Raman Spectroscopy e Journal International of Biomedical Engineering and Technology e os resultados do seu estudo derivaron tamén na obtención dunha patente licenciada a unha empresa española para a fabricación dun aparato que comezará a funcionar proximamente no centro hospitalario Povisa. Esta nova tecnoloxía permitirá identificar tres índices ou biomarcadores que determinarán si o paciente padece ou está desenvolvendo dun carcinoma bucofarínxeo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais

Un modelo da UDC simula como se comportará a rótula tras unha operación de prótese de xeonllo

A ferramenta desenvolvida no CITENI permite comparar diferentes escenarios cirúrxicos e adaptados ás características de cada paciente

Carmen Álvarez e Ángel Carracedo, recoñecidos nos Premios Nacionais de Investigación

Dos dez galardóns que concedeu o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, dous recaeron este ano en recoñecido persoal investigador da USC