Último balance da gripe en Galicia: case 900 ingresados e 42 en UCI

As hospitalizacións por virus respiratorios diminúen pero aínda se sitúan en 163 para o virus sincitial e en 181 para a covid

A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas vén de actualizar a situación dos servizos de urxencias dos centros hospitalarios e de atención primaria. Segundo os datos que traladan, o número de casos actuais de gripe é de 1.678, o que supón unha baixada de 141 respecto á xornada anterior. No que respecta aos ingresos, hai 895 persoas hospitalizadas por gripe; nove menos que o día anterior. De todos eles, 42 pacientes están en UCI. O Sergas tamén indica que a positividade da gripe é do 33%, o que representa dous puntos menos que na última xornada.

No que respecta aos demais virus respiratorios, o sincitial (VRS) supón 261 casos activos, once menos que na xornada anterior, e con 163 hospitalizados —un menos que o día anterior—. Sinalar que 96 destas persoas hospitalizadas teñen máis de 80 anos. No que atinxe ao número de persoas ingresadas por covid na actualidade é de 181, das que seis permanecen na UCI, catro menos que o día anterior.

Publicidade

Vacinación gripe

Xunto ao anterior, a Xunta xa indicou, o pasado 29 de decembro, o uso da máscara en todos os centros sanitarios e ampliou a campaña de vacinación ata o 12 de xaneiro, xa que vacinarse axuda a evitar complicacións que requiran atención nos servizos de urxencias. No que respecta ás coberturas de vacinación, nas persoas de máis de 80 anos é de xa o 82%; no grupo de maiores de 65 anos é do 73,5%; no de maiores de 60 anos do 67,4%; e nos dos menores de cinco anos do 51%.

Neste días que quedan de altas interaccións sociais, a Consellería de Sanidade quere trasladar á cidadanía unha mensaxe de prudencia e facer uso da máscara en calquera lugar cando a persoa teña síntomas de infección respiratoria.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia amplía a cobertura da vacina reforzada contra a gripe e adianta a do sarampelo aos dous anos

A inmunización contra o virus respiratorio comezará a administrarse na próxima campaña á poboación xeral de entre 65 e 69 anos

Galicia introduce unha vacina de reforzo contra a meninxite B aos 12 anos

O Sergas aplicará unha dose única aos nenos con pauta completa e dúas aos que non a teñan, aínda sen definir a data de inicio da medida

O Sergas empregará IA para apoiar a análise de imaxes clínicas

O obxectivo é examinar anualmente 1,5 millóns de radiografías de tórax, 150.000 de cribados citolóxicos, 100.000 probas oftalmolóxicas e 40.000 para a detección de cancro de mama e próstata

SHARE, o Netflix dos profesionais galegos da saúde, esténdese agora aos cidadáns

A plataforma permitirá aos pacientes afondar no coñecemento da súa enfermidade e promover o autocoidado