Un novo tratamento permite o transplante de ril en pacientes ata agora inoperables

O fármaco, chamdo imlifidasa, tamén serviría para tratar outras enfermidades, como as persoas que sofren rexeitamento agudo á intervención

Paciente facendo unha diálise cunha enfermeira. Crédito: Vall D'Hebron
Paciente facendo unha diálise cunha enfermeira. Crédito: Vall D'Hebron

A Unidade de Transplante Renal de Vall d’Hebron realizou con éxito o primeiro transplante de ril en Europa a un paciente cun sistema inmunitario hiperactivado, mediante un novo tratamento que elimina os anticorpos en sangue de pacientes inmunodeprimidos e evita así que se rexeite o transplante renal.

Neste tipo de pacientes hai un exceso de anticorpos en sangue fronte á maior parte de antíxenos do sistema HLA da poboación, o cal expresan as células dos diferentes tecidos do organismo e marca se un órgano pode ser compatible para un paciente concreto. Por tanto, no caso de que se realizase un transplante, produciríase un rexeitamento do órgano dunha forma rápida e practicamente irreversible.

O novo fármaco pode ser unha alternativa para pacientes con enfermidade renal terminal

Así, estes pacientes teñen unha probabilidade extremadamente baixa de atopar un doante compatible, é dicir, un órgano sen ningún antíxeno HLA fronte aos cales estes anticorpos van dirixidos.

O novo fármaco ten a capacidade de eliminar os anticorpos e pode ser unha alternativa terapéutica eficaz para este tipo de pacientes con enfermidade renal terminal, os cales están destinados a permanecer en diálises durante moitos anos.

Un fármaco para eliminar anticorpos

A nova investigación en que participa Vall d’Hebron está a probar a eficacia dun novo fármaco para eliminar os anticorpos, chamado imlifidasa. O xefe de Nefroloxía de Vall d’Hebron, o doutor Oriol Bestard, explicou que o medicamento se pode tomar desde unha hora antes de levar a cabo a cirurxía e a partir de aí é eficaz durante os 5 ou 6 días posteriores, nos que seguiría sendo viable a intervención.

Ábrese unha ventá de oportunidade para os enfermos que non tiñan outra opción que a diálise

FRANCESC MORESO, Vall D’Hebron

Aínda que o medicamento está pensado para unha soa dose, pois despois o corpo pode xerar resposta, “habería a opción dunha posible segunda dose nun intervalo de 24 horas”, apuntou o médico, no caso de que houbese calquera complicación para o transplante no último momento.

“Ábrese unha ventá de oportunidade para os enfermos que non tiñan outra opción que a diálise. A proporción deste tipo de pacientes é dun 10% a un 15% dos que están en lista de espera”, engadiu o xefe de sección de transplantes renais de Vall d’Hebron, Francesc Moreso.

A quen vai dirixido?

A Unidade de Transplante Renal deste hospital barcelonés foi a primeira dun centro europeo en incluír a pacientes no estudo de eficacia posautorización do fármaco da Axencia Europea do Medicamento e agora a farmacéutica está a negociar coas distintas autoridades nacionais para o seu uso xeneralizado.

O perfil do enfermo renal que se poderá beneficiar, —dos 1.000 que se atopan en lista de espera de transplante en Cataluña, serían unhas 100 a 150 persoas as que se poderían beneficiar do tratamento—, é o dun paciente cun sistema inmunitario hiperactivado, que xa recibiu un transplante no pasado que lle creou defensas ou ben unha muller que estivo embarazada e estivo en contacto con tecidos biolóxicos alleos.

Este proceso require un nivel de especialización dos equipos moi elevados, así como unha gran coordinación multidisciplinar entre nefrólogos, inmunólogos, urólogos, coordinación de transplantes e un equipo de enfermería altamente especializado.

“É moi probable que a supervivencia do transplante nestes pacientes non sexa comparable ao daqueles que reciben un órgano compatible, pero pode permitir vivir ao paciente cun ril funcionando durante un período longo de tempo sen necesidade de diálise. Sen dúbida este fármaco pode ter un impacto moi positivo para estes pacientes, achegando tamén unha mellora na súa calidade de vida”, conclúe Bestard.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.