Sanidade rexistra 162 casos de salmonelose en Oza-Cesuras: causas, síntomas e como evitalo

As tortillas realizadas nun festival poderían ser a orixe deste gromo que causa diarrea, dor abdominal e febre alta

Un gromo de salmonelose afecta a 162 persoas en Galicia, das cales 22 permanecen hospitalizadas segundo confirmou a Consellería de Sanidade. A institución investiga a causa detallada da aparición da enfermidade, aínda que xa se coñece a súa orixe: o Trasan Fest. Este festival de música, arte e gastronomía celebrado en Oza-Cesuras ofreceu, entre as comidas que se podían desfrutar, varias tortillas. Estas poderían ter sido afectadas pola bacteria Salmonella. Agora, as autoridades queren saber cal foi a orixe exacta.

“Lamentamos profundamente o incidente ocorrido a semana pasada”, afirman desde Trasan Fest. Os organizadores aseguran que xa están coordinados coas autoridades sanitarias para seguir e coñecer todo o relativo a estes casos e as súas causas. “Probablemente, vinculado a unha materia prima subministrada por un dos nosos provedores”, explican.

Publicidade

A salmonelose é unha enfermidade propensa a aparecer en ovos. Hai algúns alicientes: se o ovo está pouco feito e vai moita calor, esta bacteria pode multiplicarse. A Salmonella está presente no intestino de animais e poden contaminar a carne, ovos e leite que producen. Porén, a mala conservación destes alimentos (por exemplo, pola calor) tamén permite que a bacteria poida crecer máis.

Diarrea, dor abdominal e febre alta

A salmonelose pode provocar diarrea, dor abdominal, febre alta, náuseas, vómitos, malestar xeral e dor de cabeza. Nalgúns casos, aparecen cunha intensidade moderada, pero en moitos é preciso acudir de urxencia ao hospital. A administración de antibióticos, especialmente se a bacteria está a expandirse a outros órganos, é moi importante para deter a infección.

Publicidade

As recomendacións para evitar posibles casos de salmonelose na casa baséanse na conservación e a cocción adecuada dos alimentos. Manter os ovos, a carne e o leite na neveira e durante os días máximos que poden estar é esencial. E, aínda que a tortilla pouco feita é un prato moi querido para moitos, hai que ter coidado: só cociñar ben os ovos pode provocar a morte por completo da bacteria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Que é a salmonelose e como evitala? Un lote de ovos contaminado activa a alerta por 13 contaxios en España

Os produtos contiñan o patóxeno 'Salmonella enteritidis', que pode provocar, entre outros, febre, dor abdominal e diarrea

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes