O proxecto da USC para a rexeneración medular recada 6.000 euros en dous meses

Investigadores do grupo de Bioloxía Funcional. Foto: USC.
Investigadores do grupo de Bioloxía Funcional. Foto: USC.

Hai dous meses, o grupo de Bioloxía Funcional da Universidade de Santiago de Compostela, dirixido por Antón Barreiro, lanzaba unha campaña para recadar fondos na súa investigación para a rexeneración axonal das lesións medulares. A través do portal Precipita, impulsado pola FECYT, pedían un mínimo de 2.000 euros e un máximo de 10.000 para continuar co seu traballo.

Agora, a falta dun mes para o remate do prazo, xa acadaron 6.000 euros, unha cifra satisfactoria, mais pretenden achegarse nos 30 días que quedan á cantidade óptima que lles permitiría obter unha libraría de 1.230 fármacos. Deste xeito, as posibilidades de éxito dos tratamentos.

Para a súa investigación, o grupo de Bioloxía Funcional, traballa con modelos de lesión medular en peixes, entre eles o cebra, do que se poden obter centos de larvas cada día no laboratorio, facilitando así a proba dunha gran cantidade de fármacos. Ao ser transparente, este peixe permite ver con maior facilidade se a neurona de estudo rexenerou ou non os seus axóns tras a lesión e despois do tratamento cun determinado fármaco.

Estudos realizados nos últimos anos demostraron que este peixe é capaz de recuperarse de forma espontánea tras una lesión medular completa de maneira que pode nadar tan só unhas semanas despois da lesión. Pero mesmo neste animal non todas as neuronas que contactan coa medula espinal en condicións normais son capaces de rexenerar o seu axón tras a lesión, “o que indica que existe algún factor intrínseco a determinadas neuronas que o impide”, matizan os investigadores.

Oncomet

Por outra banda, a campaña de financiamento para a investigación da biopsia líquida que leva a cabo o grupo Oncomet, dirixido por Rafael López, afronta os últimos dez días de prazo. Despois dunha intensa actividade divulgativa, con actos benéficos e charlas, a comezos desta semana acadaron 375.000 dos 500.000 euros de tope que solicitaban.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.