Xoves 28 Marzo 2024

O galego Antón Barreiro lidera o estudo dun fármaco para tratar lesións medulares

Dirixe unha colaboración internacional financiada pola Fundación Wings for Life para estudar as posibles aplicacións do baclofen en humanos

O investigador do Departamento de Bioloxía Funcional da USC Antón Barreiro, especializado no estudo das lesións medulares e a súa posible rexeneración, é o coordinador unha colaboración internacional financiada pola Fundación Wings for Life na que tentarán determinar o potencial uso dun fármaco chamado baclofen para o tratamento da lesión medular. Ese fármaco xa se está usando en pacientes para o tratamento de complicacións secundarias á lesión como a espasticidade.

O proxecto, concedido por un período inicial de dous anos ampliable a un máis a razón de 100.000 euros por ano, realizarase en colaboración cos grupos de John L.K. Kramer, da Universidade de British Columbia (Vancouver, Canadá), e de António J. Salgado, da Universidade do Minho (Braga, Portugal). A Fundación Wings for Life está dedicada a financiar proxectos no campo das lesións medulares a nivel internacional.

Publicidade

O proxecto baséase en datos publicados recentemente no grupo da USC dirixido pola profesora María Celina Rodicio e o propio Antón Barreiro que demostran que o baclofen promove supervivencia neuronal e rexeneración nun modelo de lesión medular en peixes. Xunto cos doutores Kramer e Salgado realizaranse estudos nun modelo de lesión medular en ratos e un estudo observacional en pacientes.

Os estudos previos “parecen indicar” que o baclofen favorece a recuperación neurolóxica en roedores e humanos, sinala Barreiro

O traballo previo realizado e agora a concesión deste proxecto “permitiranos usar datos clínicos xa publicados para establecer correlacións entre a administración de baclofen e a mellora neurolóxica dos pacientes”, explica Barreiro, que aclara que eses estudos preliminares “xa parecen indicar que efectivamente a administración do fármaco favorece a recuperación neurolóxica tanto en roedores como en humanos”.

O grupo de Bioloxía Funcional na USC que lidera Barreiro leva anos estudando a posible rexeneración das lesións de médula mediante o estudo de modelos animais, como os peixes cebra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Pódese transplantar o cerebro?

Considerado “o obxecto máis complexo do universo”, este órgano establece millóns de conexións que controlan todas as funcións do noso corpo
00:01:24

Un home con parálise volve camiñar grazas a unha interface activada polos pensamentos

Gert-Jan sufriu hai 10 anos unha lesión medular e recuperou o control natural das súas pernas coa axuda dunha ‘ponte dixital'

Un relaxante muscular podería favorecer a recuperación de dano medular

Un equipo da USC e da UMinho aplicaron un tratamento de baclofeno e recuperaron a mobilidade en ratos que sufriran unha lesión na medula

Unha inxección induce a recuperación de lesións medulares graves en ratos

A revista "Science" publica unha investigación realizada pola científica española Zaida Álvarez que usa moléculas "danzantes" para reconectar estes tecidos