Gas radón e tabaquismo pasivo: unha mestura canceríxena

O grupo de Radón da Universidade de Santiago de Compostela acaba de publicar un artigo na revista European Respiratory Journal no que se asocia por primeira vez a concentración de radón residencial e a exposición a tabaquismo pasivo co risco de cancro de pulmón. O estudo (ao que acompaña un editorial) realizouse en sete hospitais galegos e un de Asturias, incluíndo máis de 500 suxeitos.

Ademais de observar un efecto significativo do radón para o cancro de pulmón en nunca fumadores –ata agora os estudos se fixeran sobre suxeitos fumadores–, os investigadores observaron que a exposición a fume ambiental de tabaco aumenta aínda máis o risco dese cancro debido á exposición a radón residencial. Así mesmo, “observamos que as mulleres teñen máis risco de cancro pulmonar que os varóns para unha mesma exposición a radón”, explica Alberto Ruano, profesor de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC e responsable da investigación.

Publicidade

As mulleres teñen máis risco de cancro pulmonar que os varóns para a mesma exposición

O radón é un carcinóxeno humano recoñecido pola Organización Mundial da Saúde que se acumula de maneira natural no interior dos domicilios e ambientes interiores (tamén en lugares de traballo) e que é a primeira causa de cancro de pulmón en suxeitos nunca fumadores e o segundo factor de risco desta enfermidade nos que si fuman.

A publicación European Respiratory Journalm, a revista oficial da European Respiratory Society e unha das máis prestixiosas do mundo no seu ámbito, deriva do estudo LCRINS (Lung Cancer Risk in Never Smokers), financiado pola Xunta de Galicia en 2010, e no que participan neumólogos de tres comunidades autónomas e nove hospitais.

Publicidade

O estudo enmárcase dentro dunha potente liña de investigación na que se analiza o efecto do radón residencial sobre a patoloxía respiratoria. Outro traballo do mesmo grupo, publicado en agosto no Journal of Thoracic Oncology (revista tamén situada entre as primeiras de patoloxía respiratoria), encontraba asociación entre o radón residencial e certos xenes implicados no metabolismo de axentes carcinoxénicos.

A investigación realizouse con más de 500 pacientes de sete hospitales galegos e un de Asturias

Pola súa parte, o Laboratorio de Radón de Galicia que dirixe o profesor da USC Barros Dios está executando outra investigación multicéntrica denominada DNA-Repair, financiada con máis de 120.000 euros do Fondo de Investigacións Sanitarias.

Este laboratorio pertence ao  grupo de Investigación en Epidemioloxía e Saúde Pública da USC, que á súa vez forma parte do Instituto de Investigacións Sanitarias (IDIS) e do CIBERESP, organismo de investigación en rede financiado polo Instituto de Salud Carlos III que inclúe os grupos máis competitivos de España neste ámbito. O equipo é ademais Grupo de Investigación de Referencia Competitiva da Xunta de Galicia.

O Laboratorio de Radón de Galicia mediu a concentración de radón en máis de 3.500 domicilios galegos e en lugares de traballo, fundamentalmente de administracións públicas, para logo elaborar mapas que son de acceso público na red.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, entre as comunidades con máis mortalidade por cancro: estas son as causas da desigualdade

Un informe europeo revela que a taxa de falecementos é maior e a redución de mortes é menor ca en rexións como Madrid e Cataluña

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade