Investigadores galegos preparan un software para imprimir fármacos en 3D

Varios científicos das universidades da Coruña e Santiago colaboran co University College London nun artigo en "International Journal of Pharmaceutics"

Unha “innovación revolucionaria“, que presenta un software baseado na intelixencia artificial para imprimir produtos farmacéuticos en tres dimensión. É a carta de presentación dun traballo difundido polo University College de Londres (UCL), pero que conta cunha relevante participación galega. O proxecto multidisciplinar da Facultade de Farmacia do UCL, baixo o nome de M3DISEEN, ten como un dos artífices ao galego Álvaro Goyanes, impulsor da empresa FabRx, e investigador no UCL e na Universidade de Santiago de Compostela, e conta tamén coa achega de Brais Muñiz, Gilberto Pérez e Pedro Cabalar, investigadores do IRLab, no Centro de Investigación TIC (CiTIC) da Universidade da Coruña.

Esta colaboración acaba de publicar no International Journal of Pharmaceutics, a segunda máis citada no ámbito das ciencias farmacéuticas, un artigo no que se describe o software M3DISEEN. Esta ferramenta “demostra as capacidades da aprendizaxe automática para predicir múltiples parámetros clave no modelado de deposición fundida (FDM), unha das tecnoloxías de impresión 3D máis utilizadas en medicamentos personalizados. Trátase, con todo, dunha tecnoloxía aínda en fase de desenvolvemento, polo que segundo advirten os investigadores, “precísase tempo para desenvolver todo o seu potencial, dependendo en gran medida dos enfoques ensaio-erro”.

Publicidade

M3DISEEN, destaca o UCL nunha nota de prensa, “foi deseñado para minimizar o proceso de optimización, incluída a predición da temperatura de procesamento, que para a maioría destes procedementos está rexida por unha regra xeral. Esta plataforma é quen de ofrecer altos niveis de precisión debido aos centos de formulacións personalizadas xeradas pola Facultade de Farmacia do UCL e a empresa FAbRx.

Deste xeito, a nova tecnoloxía ten o potencial de revolucionar a impresión de fármacos en 3D, mediante a eliminación da necesidade de coñecemento experto nas propiedades dos materiais, tanto de forma individual como combinados. Do mesmo xeito, o software ten o potencial de poder aplicarse a outras técnicas de 3D como a extrusión directa de po (DPE).

Publicidade


Referencia: M3DISEEN: A novel machine learning approach for predicting the 3D printability of medicines (Publicado no International Journal of Pharmaceutics).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia impulsa unha infraestrutura cuántica pioneira ao servizo da investigación

O CITIC obtén unha axuda de 1,04 millóns de euros que financiarán proxectos con impacto nos ámbitos da saúde, a industria ou a ciberseguridade

O Ministerio de Sanidade conclúe que non hai evidencia científica que avale a homeopatía

O Ministerio publica un informe que analiza 64 estudos sobre a homeopatía e conclúe que non hai evidencia da súa eficacia en tratamentos para a saúde

Pódcast | Do sangue á lava: ciencia para predicir fluídos

A matemática e investigadora do CITIC María González Taboada participa no novo episodio de O Descodificador

Pódcast | Como coidar o planeta con algoritmos verdes

As investigadoras do CITIC Amparo Alonso e Bertha Guijarro analizan os custos ambientais dos grandes modelos de intelixencia artificial