Premio de innovación para equipos de farmacia hospitalaria de Santiago e Pontevedra

Galicia acaparou os premios Rovi, organizados por esta firma farmacéutica e avalados pola Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria. Dous equipos de hospitais de Santiago de Compostela e Pontevedra recibiron dos dous tres premios que se entregaron no certame. Cada un dos galardóns ten unha dotación económica de 5.000 euros.

Equipo de Pontevedra premiado.
Equipo de Pontevedra premiado.

No caso do CHUS da capital de Galicia, o xurado recoñeceu o desenvolvemento dun hidroxel de cisteamina para o tratamento da cistinose ocular, que permite a optimización terapéutica en pacientes sen tratamento dispoñible a nivel comercial. Este composto, en cuxo desenvolvemento participaron oftalmólogos, médicos e físicos do servizo de Medicina Nuclear do CHUS, permitirá “axudar a nenos con esta patoloxía, xa que con esta formulación mellorouse o tempo de permanencia ocular, a adherencia, a tolerabilidade e a seguridade”, segundo explica Anxo Fernández, farmacéutico do hospital santiagués.

Publicidade

Pola súa parte, o CHOP de Pontevedra foi premiado pola aplicación Pharmasuite, un sistema que permite xestionar a farmacotecnia e a elaboración de medicamentos para doentes con procesos agudos ou crónicos. Con esta aplicación “garántese a trazabilidade de todo o proceso de elaboración, desde o rexistro e validación da materia prima ata a validación e control de calidade do produto acabado”, explica Carlos Crespo, xefe do servizo de farmacia do hospital pontevedrés.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Tapar o cheiro dos peregrinos? Non, este é o verdadeiro propósito do botafumeiro da Catedral de Santiago

O divulgador de historia da arte El Barroquista desmonta unha crenza estendida e sinala que a súa función estaba ligada á solemnidade do templo

Unha investigación galega abre unha nova vía para mellorar o diagnóstico de tumores en tecidos brandos

O equipo de Radioloxía do CHUS e do IDIS combina por primeira vez a elastografía e a microvascularización para coñecer mellor o comportamento biolóxico das lesións

Non estaban tolas

Rescatados 23 testemuños de violencia machista dos arquivos do psiquiátrico de Conxo