Premio da Academia de Medicina para o investigador da USC Alejandro Sánchez

O profesor da USC Alejandro Sánchez Barreiro, recentemente recoñecido co premio de investigación da Real Academia Galega de Ciencias, viaxa este martes a Madrid para recoller o premio Conde de Cartagena de investigación libre 2018 que anualmente concede a Real Academia Nacional de Medicina de España.

Nesta ocasión o galardón concédeselle polo traballo ‘Un caso de éxito en el proceso de transferencia de tecnología dirigido al desarrollo de nuevas terapias’, realizado conxuntamente co investigador Jesús Álvarez Trabado e que se refire ao caso concreto da empresa biotecnolóxica Agrenvec, a quen o grupo de investigación da USC lle transferiu en 2015 a licencia de patente dun nanosistema para encapsular sustancias e cedelas de forma prolongada ao longo do tempo. A empresa, con sede en Madrid, valorizará e madurará a tecnoloxía recollida na patente para desenvolver os produtos que estime.

Publicidade

Alejandro Sánchez.

Trátase de nanosistemas moi versátiles e de custe axeitado para o seu desenvolvemento industrial, xurdidos en orixe da investigación de Alejandro Sánchez e Begoña Seijo, falecida prematuramente e a quen o profesor da USC lle dedicará o premio, que foran probadas para diferentes aplicacións como nanovacinas e tratamento oftalmolóxico, e que deron lugar a sendas familias de patentes.

No ano da transferencia da licencia de patente a USC foi recoñecida como a Universidade pública española con maior número de solicitudes de patente de invención en nanotecnoloxía en campos tan variados como a nanomedicina ou o desenvolvemento de novos nanomateriais”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Novo fito médico: un home sobrevive cun ril de porco durante nove meses antes do transplante humano

O órgano porcino modificado xeneticamente funcionou durante 271 días ata ser substituído, sen evidencias de infección zoonótica

Tres científicas da USC reciben 1,5 millóns da Xunta para investigar en cancro, nanotecnoloxía e baterías

Os proxectos liderados por Clara Álvarez, María José Alonso e María Giménez foron seleccionados na quinta convocatoria do Programa Ignicia

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos