Os perigos da quiropráctica: un ‘chasquido’ pode chegar a romper a columna vertebral

Unha investigación de Neurology estuda casos reais de lesión da médula espiñal e incluso infartos cerebrais causados por unha mala práctica profesional

Aconteceu nunha clínica quiropráctica da cidade brasileira de São Paulo no ano 2021. Unha muller de 48 anos acudiu ao centro sanitario para tratar unha dor persistente de costas. Ao rematar a sesión, a muller comezou a decatarse dunha forte e persistente dor de pescozo e unha debilidade xeneralizada en todo o corpo. Dirixiuse en canto puido ao hospital para que un especialista a tratase. Tras realizárenlle distintas probas, a examinación neurológica revelou que a muller padecía unha tetraplexía con nivel sensorial C5, é dicir, conservaba o control de ombreiros e bíceps, mais non controlaba a man ou o puño.

A seguinte proba, a tomografía computarizada da columna cervical, revelou unha fractura que afectaba ás vértebras C5 e C6. Logo, a resonancia magnética da columna cervical confirmou os peores augurios: unha grave lesión na medula espiñal lesión. Ademais, os facultativos que a trataron no centro sanitario atoparon unha oclusión bilateral da arteria vertebral e mais un infarto agudo do cerebelo. E non queda aí. Os médicos concluíron, nun primeiro momento, que as lesións neurolóxicas relacionadas coa sesión quiropráctica que a paciente recibira horas antes inclúen unha disección da arteria vertebral e unha hernia discal aguda. Agora, dous grupos de investigación dos equipos de médicos dos departamentos de neuroloxía e reumatoloxía da Faculdade de Medicina da Universidade de São Paulo en Brasil veñen de confirmar en cadansúa investigación como lle afectou a esta muller unha mala execución quiropráctica. Ambos publicaron informes de casos sobre esta mesma paciente que resultou ferida despois de someterse a unha manipulación quiropráctica da medula espiñal.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

O científico Antonio Salas, premio da Crítica de Galicia

O catedrático da USC recibiu o galardón na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía