Xoves 28 Marzo 2024

Un desengano amoroso pode provocar os mesmos síntomas que un infarto

Un gran desgusto ou o estrés físico e emocional pódennos causar os mesmos síntomas dun ataque cardíaco. É o que os expertos chaman “o síndrome do corazón roto” ou cardiomiopatía de Takotsubo, unha disfunción temporal provocada por situacións de nerviosismo severo. Malia a alarma que xera non acostuma ter consecuencias graves, aínda que nos casos máis extremos si pode provocar unha insuficiencia cardíaca.
Aumentan-las-posibilidades-de-prediccion-de-muerte-subita_image_380
A perda dunha persoa querida pode rompernos o corazón. Máis alá da frase feita, o impacto emocional é capaz de provocar dores no peito e mesmo dificultades respiratorias, síntomas moi semellantes aos dos infartos pero que en realidade ten máis que ver cunha reposta do corpo ante unha situación límite e ao aumento de hormonas como a adrenalina. Non afecta ás arterias coronarias, senón ao músculo cardíaco e o  máis característico do episodio é que o ventrículo esquerdo cambia de forma e adquire a aparencia dun cono. As persoas que o padecen atravesan xeralmente períodos de grande sufrimento emocional, de aí o seu nome popular. O takotsubo é unha ferramenta usada no Xapón para pescar, unha sorte de pota que recorda á forma do ventrículo esquerdo dos corazóns feridos.
Con todo, o corazón roto é un mal moito menos frecuente do que se pode pensar. Descrito por primeira vez en pacientes xaponeses a principios dos anos 90, foi considerado nun inicio unha enfermidade rara. Hoxe calcúlase que entre un 1% e un 2% das persoas diagnosticadas cun infarto sofren en realidade este cadro difícil de detectar. Estudos recentes, como un publicado no American Journal of Cardiology, indican que, a diferenza do ataque cardíaco, máis común nos meses de inverno, o síndrome de Takotsubo dáse máis en primavera e verán e que as mulleres que pasaron a menopausa son o seu branco perfecto: máis do 90% das persoas afectadas son de sexo feminino.

O Sergas colabora no gran estudo do Takotsubo, síndrome do 'corazón roto'

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que hai cada vez máis casos de alzhéimer entre as mulleres?

A resposta podería atoparse tanto nas diferenzas biolóxicas debidas ao sexo como nas socioculturais

As mulleres cazaban con maior variedade de armas e ían á guerra con mellores estratexias

Un estudo científico desmonta o mito de que só eles realizaban estas tarefas e que elas quedaban relegadas á recollida de raíces e froitos

Xurxo Mariño, divulgador: “Sabemos máis da sexualidade das ratas que da das persoas”

O tamén investigador da UDC desvela no seu novo libro algúns dos últimos descubrimentos sobre a neurociencia das emocións

Cando che detectan sarcoma con 29 anos: “Quero conseguir cronificar a enfermidade”

Un grupo de nove mulleres protagoniza un documental para darlle voz a este tipo de cancro pouco frecuente entre a poboación