O rastro da Covid-19 propagouse por Twitter antes da pandemia

Un macro estudo publicado agora no grupo Nature detecta mensaxes masivos sobre 'tose seca' ou 'pneumonía' semanas antes da chegada de enfermos aos hospitais

A xente en Europa estaba a tuitear sobre unha “tose seca” máis do habitual xa en xaneiro de 2020. Mentres que os medios sociais tiveron un importante papel crave na difusión de información sobre a saúde durante a crise da Covid-19, unha nova investigación amosa que as redes sociais tamén poden ser clave para detectar unha pandemia antes de que chegue masivamente aos hospitais.

As autoridades poderían estar a utilizar estas plataformas para obter información localizada en tempo real sobre os puntos quentes virais emerxentes antes de que sexan detectados por medios oficiais, segundo suxire a investigadora Milena Lopreite da Universidade de Calabria (Italia) e os seus colegas no seu novo estudo.

Publicidade

“O noso traballo súmase á evidencia existente de que as redes sociais poden ser unha ferramenta útil de vixilancia epidemiolóxica”, dixo o economista Massimo Riccaboni da IMT School for Advanced Studies Lucca. “Poden axudar a interceptar os primeiros signos dunha nova enfermidade, antes de que prolifere sen ser detectada, e tamén rastrexar a súa propagación”.

Dentro dun conxunto de datos de máis de 570.000 usuarios únicos e máis de 890.000 tweets, Lopreite e o seu equipo buscaron mensaxes de sete países europeos coa palabra clave “pneumonía ” (en sete idiomas europeos) durante o inverno pasado. E compararon os datos con invernos anteriores ata 2014.

Publicidade

Despois de excluír ligazóns a noticias para sacar a cobertura dos medios de comunicación, atoparon un aumento significativo na súa palabra chave na maioría dos países durante o inverno 20190-2020, en comparación con anos anteriores. Repetiron isto con outros termos para os síntomas comúns de Covid-19 como “tose seca” e unha vez máis atoparon patróns similares.

No caso de Italia, os tweets amosaron signos de puntos quentes de virus na primeira semana de 2020, antes de que se anunciase oficialmente o primeiro caso o 20 de febreiro de 2020. Un patrón similar foi observado en Francia. Para España, Polonia e o Reino Unido este sinal social da presenza de Covid-19 apareceu dúas semanas antes dos seus casos oficiais.

Estes achados amosan canto atraso pode haber entre a presenza dunha nova enfermidade e a nosa detección.

Ademais, “os tuits que máis incidían nestas palabras clave chegaron principalmente das rexións xeográficas que resultaron ser o caldo de cultivo crave para as infeccións”, explican os investigadores no seu artigo, publicado en Scientific Reports, do grupo Nature.

Lopreite explica que este estudo podería ser unha ferramenta útil para rastrexar novas ondas de Covid-19 no futuro, que probablemente aparezan unha vez que se eliminen restricións como o distanciamento social en todo o mundo.

“Estes achados apuntan á urxencia de establecer un sistema de vixilancia dixital integrado no que as redes sociais poidan axudar a xeolocalizar cadeas de contaxio que doutro xeito proliferarían case por completo sen ser detectadas”, conclúen Lopreite e os seus colegas .

Aquí podes consultar o estudo publicado en Scientific Reports

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

Investigadoras galegas revelan que o 70% dos solos europeos están contaminados por pesticidas

O estudo coordinado pola UVigo, publicado en 'Nature, analiza 373 mostras de 26 países para amosar as alteracións producidas en fungos, bacterias e nematodos

Un equipo galego valida un sistema de IA para predicir o risco de desenvolver diabetes

GluFormer é produto dunha investigación internacional que acaba de publicar a revista 'Nature' e que conta coa participación da USC