Un test da Covid-19 no teu teléfono? A idea do galego César de la Fuente

En catro minutos, o aparello pode notificar a presenza do SARS-CoV-2, e xa se iniciaron os ensaios clínicos nos Estados Unidos

O biotecnólogo César de la Fuente (A Coruña, 1986), profesor da Universidade de Pennsylvania e líder do grupo Machine Biology, impulsa unha nova alternativa para o diagnóstico temperán da Covid-19. O seu equipo, especializado no estudo de patóxenos emerxentes e de cuestións como a resistencia bacteriana aos antibióticos, puxo en marcha un sistema de detección rápido do SARS-CoV-2 a través dun biosensor que se pode conectar a un dispositivo móbil, lendo a mostraxe a través dunha ‘app’ e achegando resultados de forma rápida.

A ferramenta, chamada DETECT 1.0, componse dun sensor de cartón e un conxunto de chips que capturan a información química que se xera cando a proteína S (espícula) do SARS-CoV-2 se une aos seus receptores naturais nas células humanas. “A nosa tecnoloxía transforma esta información química nun sinal eléctrico que podemos detectar moi facilmente”, explica César de la Fuente á Universidade de Pennsylvania.

Publicidade

O proxecto púxose en marcha con fondos de Innovación da Escola Perelman de Medicina da Universidade, e co apoio do Premio Nemirovsky, un dos múltiples galardóns de investigación que De la Fuente recibiu nos últimos anos pola súa traxectoria.

Iniciaron os ensaios clínicos o pasado 5 de xaneiro, co obxectivo de recoller 400 mostras (200 positivas e 200 negativas) de voluntarios, aos que tamén se lles fará unha proba PCR para contrastar os datos obtidos, e determinar se os resultados son válidos para analizar mostras en tempo real. Agárdase que o ensaio dure arredor dun mes.Se funciona, agárdase que as probas poidan desenvolverse para controlar a transmisión da Covid-19 na comunidade universitaria onde traballa.

Publicidade

Engade o científico coruñés que, unha vez se pon a mostra de saliva ou nasofarínxea no dispositivo, o chip engánchase a un aparello que se conecta ao teléfono para informar dos resultados a unha ‘app’ instalada nel. “Esta tecnoloxía é moi sensible”, conta De la Fuente. O seu equipo analizou a precisión, sensibilidade e especificidade da mesma, constatando que o número de falsos positivos ou falsos negativos é bastante baixa.

“Facilmente escalable”

Outra das vantaxes do aparello, segundo destaca o investigador, é que a tecnoloxía é “facilmente escalable”, xa que cunha impresora axeitada “poden imprimirse arredor de 50.000 electrodos cada día”, desta De la Fuente. Por tanto, expón que con 10000 impresoras deste tipo poderían facerse 15000 millóns de electrodos para as probas diariamente.

Ademais, o seu baixo custo e rapidez facilitaría a súa chegada aos fogares, di o científico, xa que é de menos de cinco dólares e produce resultados en catro minutos. “Ter probas de baixo custo amplía o alcance de calquera diagnóstico non só a quen pode pagalo, senón tamén a áreas remotas e comunidades desfavorecidas“. Engade De la Fuente que “a velocidade de detección que se acada permite realizar probas de alta frecuencia, o que é unha fenda actual, particularmente na prevención da propagación asintomática”.

César de la Fuente apunta que a técnica pode funcionar con outros patóxenos. “A innovación vai alén da Covid-19, e quizais podería aplicarse á gripe ou patóxenos bacterianos resistentes a medicamentos. Realmente poderíanse atopar un receptor para outros axentes infecciosos e incorporalos ao chip”, conclúe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

BioSpain pecha con máis de 1.900 asistentes e anuncia Barcelona como sede en 2027

A décimo terceira edición reuniu representantes de preto de 900 entidades de 32 países ao longo de tres días de congreso en Bilbao

Galicia exhibe a súa biotecnoloxía en BioSpain coa participación de máis dunha decena de organizacións

O ecosistema galego reúne en Bilbao empresas, universidades e centros de investigación, e pon o foco no crecemento dun sector que xa suma 162 compañías activas

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades