Un novo test pode detectar o alzhéimer cunha precisión do 90 %

Unha investigación internacional con participación española desenvolveu unha proba que identifica un biomarcador clave chamado p-tau217

Unha investigación internacional con participación española desenvolveu unha analítica de sangue que permite diagnosticar o alzhéimer cunha precisión de entre o 90 e 95 %. Esta nova proba serviría para detectar un biomarcador clave desta enfermidade chamado p-tau217, que aumenta á vez que outras proteínas daniñas (beta amiloide e tau) que se acumulan no cerebro destes pacientes. Os resultados foron publicados na revista Jama Neurology e, segundo comunicou o Hospital de Sant Pau de Barcelona, un dos centros que participou no estudo, “abren a porta a diagnosticar o alzhéimer cunha proba de sangue”.

Os investigadores tomaron datos e mostras de Biomarcadores Translacionais en Avellentamento e Demencia de EEUU, o Rexistro de Wisconsin para a prevención do alzhéimer e a iniciativa do Hospital Sant Pau de Barcelona sobre neurodexeneración. No estudo participaron un total de 786 persoas cunha media de idade de 66,3 anos que se analizaron en Suecia. Foi o responsable da plataforma de biomarcadores da Unidade de Memoria do Hospital Sant Pau, Daniel Alcolea, quen confirmou que o biomarcador ten unha precisión de entre o 90 e 95% e que é o que “deu mellores resultados”.

Publicidade

Neste senso, a investigación demostrou que o biomarcador p-tau 217 proporciona unha precisión comparable aos biomarcadores no líquido cefalorraquídeo. A técnica é “particularmente efectiva” na detección de cambios lonxitudinais, así como en etapas preclínicas da enfermidade. A súa gran precisión a hora de identificar a patoloxía da proteína tau en persoas que dan positivo en beta amiloide pode axudar a orientar as decisións de tratamento.

Os investigadores destacaron a capacidade desta técnica de reducir “significativamente” a necesidade de confirmacións adicionais ao diminuír nun 80% a cantidade de probas que se requiren para diagnosticar a enfermidade. A pesar de que a análise de sangue é moi precisa, non todas as persoas que presenten características do alzhéimer no seu cerebro desenvolverán a enfermidade.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Living Lab de Vigo pon en marcha o testeo colaborativo de solucións tecnolóxicas para a saúde

O proxecto internacional conta con oito propostas innovadoras en desenvolvemento para tratar pacientes con Alzheimer e demencia

Os gatos con demencia, unha nova fiestra ao estudo do alzhéimer en humanos

Investigadores da Universidade de Edimburgo revela que os felinos desenvolven cambios cerebrais similares aos das persoas, o que os converte en modelos naturais prometedores para a investigación da enfermidade neurodexenerativa

Catro pistas, un nome: ponte a proba neste test sobre científicos galegos que fixeron historia

A súa profesión, o seu lugar e ano de nacemento e dous aspectos relevantes da súa vida profesional. Saberías dicir de quen falamos?

Investigadores de Santiago descobren unha posible diana terapéutica para as xaquecas

O traballo revela que os niveis de autotaxina, un enzima presente no sangue, están elevados en persoas que padecen intensas dores de cabeza