Venres 26 Abril 2024

Moderna empeza os ensaios en humanos dunha vacina contra o VIH

A farmacéutica está usando a mesma tecnoloxía ARNm que emprega na súa formulación contra a covid-19

A farmacéutica Moderna e a Iniciativa Internacional para unha Vacina contra a Sida (IAVI) anunciaron que empezaron os ensaios clínicos cunha vacina contra o VIH que usa a tecnoloxía de ARN mensaxeiro (ARNm), a mesma que emprega para a súa vacina contra a covid-19. Nun comunicado, a empresa indica que as primeiras doses deste produto experimental comezaron a ser administradas nun hospital de Washington como parte dun ensaio de fase 1 no que participarán 56 adultos que non teñen VIH.

A vacina busca estimular a produción de anticorpos capaces de actuar ante distintas variantes do VIH en circulación cunha primeira dose e unha dose de reforzo. Farase seguimento dos pacientes durante polo menos seis meses e as súas respostas inmunitarias serán analizadas a nivel molecular. “A procura dunha vacina do VIH foi longa e difícil e ter novas ferramentas en termos de inmunóxenos e plataformas pode ser a clave para facer progresos rápidos”, destacou o presidente de IAVI.

Publicidade

ARNm contra máis virus

O presidente de Moderna, Stephen Hoge, sinalou que a tecnoloxía ARNm ofrece unha oportunidade única para dar resposta a distintas necesidades sanitarias en todo o mundo e considerou que avanzar neste programa contra o VIH é un paso moi importante. No proxecto, no que tamén está involucrada a Fundación Bill e Melinda Gates, farase seguimento dos pacientes durante polo menos seis meses e as súas respostas inmunitarias serán analizadas a nivel molecular para avaliar os efectos.

Moderna está a traballar en máis de dúas decenas de programas baseados en ARNm, que inclúen posibles vacinas para a gripe ou o virus Nipah, entre outros. Ata o de agora, a súa vacina contra a covid-19 é a única aprobada de todas as elaboradas pola empresa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Chegan as vacinas contra o melanoma: como funcionan?

As compañías Moderna e Merck xa comezaron os seus ensaios clínicos para desenvolver a terapia, que podería estar lista en 2025

As infeccións de transmisión sexual entre menores de 18 anos medran un 37% en España

O XIV Congreso Nacional GeSIDA celebrado na Coruña reúne a centos de expertos que debatirán sobre os avances e retos no ámbito do VIH

Demostran que a vacina da covid fabricada en Galicia protexe do dano cerebral que causa o virus

O estudo, publicado en 'Nature', foi realizado por investigadores do Instituto de Biomedicina de Sevilla do Centro Nacional de Biotecnoloxía

Esperanza contra o melanoma: “A nova vacina reduce a recorrencia ou morte nun 44%”

A investigadora galega Marisol Soengas valora con optimismo a noticia pero advirte que hai poucos detalles sobre o ensaio clínico