Sábado 27 Abril 2024

Estas son as 4 facultades galegas entre as 250 mellores do mundo

O QS World University Ranking, unha das clasificacións máis recoñecidas a nivel internacional sobre as mellores universidades do mundo, acaba de publicar os seus resultados de 2017.  Esta lista analiza seis grandes áreas de coñecemento (Artes e Humanidades, Enxeñaría e Tecnoloxía, Ciencias da Vida e Medicina, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais) e 48 disciplinas, asociadas a diversas Facultadespara elaborar unha clasificación das institucións académicas máis destacadas do mundo. No ránking xeral, dúas das tres universidades galegas aparecen na clasificación das 1.000 mellores do mundo. A USC,  no intervalo 601-650, e a UDC entre o 801 e o 1000.

Nas áreas de Lingüística, Agricultura e Forestais, a USC está entre as 200 mellores

Por materias, a mellor posición para as institucións galegas conséguena as titulacións de Filoloxía, Farmacia, Matemáticas, a Escola Técnica Superior de Enxeñaría do Campus Vida (onde se imparte Enxeñaría Química) e a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra (con Enxeñaría Agrícola e Enxeñaría Forestal), todas elas da Universidade de Santiago. Así, en áreas como a Lingüística e Linguas Modernas, Farmacia e Farmacoloxía, Agricultura e Forestais ou Enxeñaría Química, a USC aparece entre as 250 mellores universidades do mundo.

Publicidade

A UVigo, aínda que non aparece na lista xeral entre as 1.000 mellores, tamén sitúa en lugares destacados a súa titulación de Química (351-400).

En canto ás grandes áreas de coñecemento, as mellores posicións para as universidades galegas son nas categorías de Ciencias Naturais (USC no 293), Artes e Humanidades (USC no 307), Ciencias Sociais (USC no 401-450), Ciencias da Vida e da Medicina (USC no 401-450) e Enxeñaría e Tecnoloxía (UVigo no 451-500).

Así é a situación das universidades galegas no QS World University Ranking:

Por grandes áreas:

Artes e Humanidades: USC no 307.

Ciencias Naturais: USC no 293.

Ciencias Sociais: USC no 401-450.

Enxeñaría e Tecnoloxía: UVigo no 451-500.

Ciencias da Vida e Medicina: USC no 401-450.

Por materias: 

Lingüística: USC no 151-200.

Agricultura e Forestais: USC no 151-200.

Linguas Modernas: USC no 201-250.

Enxeñaría Química: USC no 201-250.

Farmacia e Farmacoloxía: USC no 201-250.

Matemáticas: USC no 251-300.

Educación: USC 251-300.

Ciencias do Medio Ambiente: USC no 251-300.

Medicina: USC no 351-400.

Química: UVigo e USC no 351-400.

Física e Astronomía: USC no 351-400.

Bioloxía: USC no 401-450.

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura

Os cubículos e corredores reducidos nas granxas de Lugo afectan a produción de leite

A tese de Sonia Verdes Gil conclúe que as superficies incómodas prexudican a saúde e a hixiene das vacas

Os salvadores de tartarugas das Rías Baixas: así se recuperan animais vulnerables en Galicia

Biólogos da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños explican como traballan no seu centro de recuperación de Nigrán