Máis de 52.600 maiores recibiron a cuarta dose contra a covid en Galicia

Os que superen os 80 anos e que non puideran acudir aos vacinódromos serán citados nos centros de saúde correspondentes

A campaña de vacinación para a covid arrancou a comezos de outubro. Segundo o último balance da Consellería de Sanidade, máis de 52.600 maiores xa recibiron a cuarta dose da vacina contra a covid-19 en Galicia. Nos últimos tres días, os equipos de enfermaría foron quen de administrar 31.015 doses nos puntos de vacinación masiva. A vacina que se está a administrar é multivariante, contra as variantes BA4 e BA5, as circulantes actualmente.

Segundo trasladaron dende o Sergas, a adherencia foi subindo de maneira progresiva desde o venres. Fontes de Sanidade lembran que ese mesmo día, a primeira xornada de vacinación nos grandes recintos, a Cidade da Cultura tivo que ser desaloxada, polo que se interrompeu a vacinación durante tres horas consecutivas.

Publicidade

Seguindo co plan previsto polo Sergas, o vindeiro mércores 12 de outubro remata a vacinación do grupo de idade de máis de 85 anos e o xoves 13 comezarase coa administración da cuarta dose as persoas de 80 a 84 anos. Ademais, adiántase a citación da poboación de 70 a 79 anos. 

A Consellería tamén lembra que os maiores de 80 anos que non puideran acudir a un gran recinto serán citados nos centros de saúde correspondentes e tamén se atenderá no domicilio aos pacientes inmobilizados que cumpra os criterios clínicos establecidos, seguido o procedemento establecido desde o principio da campaña de vacinación.

Publicidade

Finalmente, e respecto á vacinación da gripe, o 96% das persoas aceptaron a administración conxunta da vacina da gripe e a covid, o que significa que non terán que acudir xa ao seu centro de saúde para solicitar a administración desta vacina.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

Badiola: “Hai unha probabilidade moi alta de que a nova gran pandemia teña orixe animal”

O doutor especialista en sanidade animal, sobre a gripe aviaria: “O risco para a cidadanía é extremadamente baixo, pero non completamente inexistente”

Un investigador galego explora novas vías para frear futuras pandemias

O científico da USC José Manuel Miranda López participou nun estudo que obtivo resultados moi prometedores, sobre todo para o SARS-CoV-2