Venres 29 Marzo 2024

Investigan en Vigo o uso do litio para pacientes graves de Covid-19

O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e o Chuvi colaboran nun estudo cun número reducido de pacientes que está dando bos resultados

Á espera da moi agardada vacina contra a Covid-19, os profesionais médicos e científicos de todo o planeta buscan todo tipo de fórmulas que poidan axudar a mellor o prognóstico das persoas infectadas polo virus SARS-CoV-2. En Galicia, onde xa se están desenvolvendo diversos ensaios con distintos fármacos ou co uso de plasma de convalecentes da doenza, o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) está abordando un novo enfoque a través do litio, un elemento químico que adoita usarse en problemas de saúde mental, pero que no pasado tamén demostrou o seu potencial antiviral. A investigación, que lidera José Manuel Olivares, coordinador da área de Neurociencia Traslacional do IISGS e xefe de servizo de Psiquiatría do Chuvi, está desenvolvendo un ensaio cun pequeno número de pacientes.

Polo de agora, os resultados están sendo “excelentes” nun grupo de 10 persoas que estaban nunha situación grave da infección. Xa solicitaron autorización á Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios para ampliar o ensaio, para o que tamén solicitaron financiamento a distintas institucións e teñen abertas posibles vías de colaboración con outros centros hospitalarios. Segundo explica Olivares a Faro de Vigo, o tratamento aplicouse a pacientes de Covid-19 para os que o servizo de Medicina Interna xa solicitara interconsulta de Saúde Mental, algúns deles con patoloxías mentais previas, ou que ben apareceron co curso da infección, para os que o litio estaba prescrito.

Publicidade

O psiquiatra explica que despois das primeiras doses “se reduciron significativamente os parámetros inflamatorios e potenciouse a actividade do sistema inmune aumentando o nivel de linfocitos”. Insiste, con todo, en que os resultados son preliminares e deben facerse sempre baixo estrita supervisión médica e cunha dose moi precisa para evitar problemas.

O litio como antiviral

Aínda que é un elemento coñecido sobre todo polo seu uso en pacientes con trastornos mentais, o litio ten demostrado en análises realizadas desde hai décadas a súa capacidade para reducir algunhas infeccións virais, como as causadas por herpes. Recentemente, varios artigos abordaron a posibilidade de usalo no tratamento da Covid-19 debido a estas evidencias. unha revisión no International Journal of Bipolar Diseases volveu poñer sobre a mesa o seu potencial antiviral, demostrada a nivel preclínico, pero que deixaba aberta a pregunta sobre a súa pertinencia en contornas clínicas, así como a posibilidade de afondar na investigación sobre o SARS-CoV-2 en concreto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os 10 termos que debes evitar ao falar do VIH

A científica Eva Poveda presenta un "dicionario inclusivo" para desestigmatizar as persoas co virus da inmunodeficiencia humana

Un equipo galego detecta posibles biomarcadores da esquizofrenia resistente ao tratamento

Científicos do IDIS identifican un perfil de 16 microARN que diferencia aos pacientes que non responden á medicación dos que si o fan

Confirmado: hai unha estreita relación entre a microbiota e a deterioración da saúde mental

Un estudo realizado en Corea do Sur estimou unha probabilidade 1,4 veces maior de padecer depresión se mediaba unha dieta xenerosa en ultraprocesados

Gastos excesivos, comidas familiares… Estes son os consellos para sobrevivir o Nadal

A psiquiatra galega Iria Veiga recomenda repartir as tarefas do fogar e non sobrecargarse con compromisos sociais