Científicos galegos lanzan un fármaco oral para pacientes covid

O medicamento estase a probar en doentes de Galicia e Cataluña e ten "potencial prometedor" para inhibir a multiplicación do SARS-CoV-2 nas células hóspede

Un equipo de científicos galegos lanza un fármaco oral para o tratamento de pacientes covid. O medicamento, que aínda non está comercializado, xa se está a probar en centros de atención primaria de Galicia e Cataluña para loitar contra o coronavirus en doentes con síntomas leves. Dende o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), un dos centros participantes no proxecto, recordan que “aínda está en fase de estudo” pero que, de momento, presenta un “potencial prometedor” na inhibición da multiplicación de coronavirus nas células hóspede. De feito, o principal obxectivo deste fármaco é previr a deterioración clínica e as complicacións da infección.

Detrás deste traballo están investigadores do IDIS como Mabel Loza, tamén coordinadora do grupo BioFarma do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Comspotela (USC). Así mesmo,  Manuel Portela, profesor asociado na facultade de Medicina da USC; Irene Zarra, xefa do Servizo de Farmacia do Hospital Clínico de Santiago (CHUS); Daniel Rey, médico de atención primaria; e Plácido Mayán e Azucena Prieto, xefes do Servizo de Urxencias do CHUS e do Hospital do Barbanza respectivamente. Amais disto, o próximo luns 6 de xuño, o IDIS fará a presentación oficial do ensaio clínico en fase II nun acto que se celebrará no propio centro.

Publicidade

Outros antivirais

O novo fármaco oral para tratar a covid terá selo galego pero non será o único do mercado. O primeiro da Unión Europea foi o Paxlovid, que chegou a Galicia a finais de marzo, cando se comezou a administrar entre os doentes. Dito antiviral, da farmacéutica Pfizer, foi recomendado pola Axencia Europea do Medicamento (EMA) despois de que se concluíse que o seu uso mostraba unha redución moi significativa de ata un 89% nas hospitalizacións e unha caída importante no número de mortes. Unha das súas vantaxes é que, ao poder administrarse por vía oral, permite realizar un tratamento ambulatorio. De todos xeitos, o antiviral está indicado para pacientes de SARS-CoV-2 con enfermidade leve ou moderada e que teñan un risco alto de progresar a covid grave, así como en vacinados maiores de 85, non vacinados maiores de 65 e persoas inmunodeprimidas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago revela patróns xenéticos compartidos entre oito trastornos mentais

Un novo estudo do IDIS aplica por primeira vez unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría co obxectivo de mellorar o diagnóstico e impulsar a medicina personalizada

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

Por que o hantavirus esperta os medos da pandemia: “A covid deixounos unha memoria emocional”

Os psicólogos galegos Fernando Vázquez, Paula Marcos e Rosa Cerqueiro analizan como o cerebro atribúe riscos a escenarios actuais baseándose en experiencias pasadas

Como se detecta o hantavirus: así funcionan as probas de laboratorio mediante PCR

As autoridades estadounidenses notifican un “positivo leve” nun dos repatriados, aínda que Sanidade sostén que non presenta sintomatoloxía concluínte