Venres 29 Marzo 2024

Klebsiella, a bacteria que ten catro pacientes illados en Vigo

É o que informalmente chaman unha ‘superbacteria‘. O termo non entusiasma aos científicos, pero emprégase para definir ós microorganismos que portan varios xenes que resisten aos antibióticos y que, máis técnicamente, son chamados ‘multirresistentes’. A Klebsiella pneumoniae, que mantén catro personas illadas nunha das ucis do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, é unha das máis habituais e difíciles de tratar nos hospitais. E xa é obxecto dunha alerta da OMS, no seu último informe mundial.

cunqueiro hospital

No caso de Vigo, ademais de catro persoas en coidados intensivos, existen doentes con esta bacteria por todo o hospital, segundo recoñece o Sergas, aínda que non precisa unha cifra exacta. A realidade é que a Klebsiella é común e está presente naturalmente mesmo no noso tracto dixestivo. Pero no entorno hospitalario, en pacientes con baixas defensas, convértese nun grave problema.

Publicidade

En Vigo, recentemente morreu unha muller que estaba infectada por Klebsiella, pero din que faleceu pola doenza orixinal e non pola bacteria. E xa está en marcha un protocolo moi estrito, que inclúe dende o lavado continuo das mans ata o uso de batas de protección.

O problema no Álvaro Cunqueiro mantense no tempo. De feito, a mediados de marzo xa había catro pacientes illados e o censo de positivos por Klebsiella era de vinte. Tres semanas máis tarde, a situación é similar. Pero non é raro. O pasado 2015, no Hospital Marítimo de Oza, na Coruña, unha paciente estivo illada por esta bacteria durante máis de catro meses. E no ano 2013, no Hospital Reina Sofía de Córdoba rexistrouse unha crise máis grave, na que se chegaron a atribuír 12 mortes por infección pola ‘súperbacteria’.

Houbo infeccións na Coruña no 2015 e unha moi grave en Córdoba no 2013

Porque as infeccións por esta bacteria, causante do 20% das neumonías en neonatos e pacientes hospitalizados, poden chegar a ter taxas de mortalidade superiores ao 70%. E son un problema sanitario mundial, como alertou no 2015 a Organización Mundial da Saúde, cunha mensaxe moi clara: “O mundo está abocado a unha era posantibióticos na que infeccións comúns e lesións menores que foron tratables durante decenios volverán ser potencialmente mortais”, manifestou hai un ano o subdirector xeral da OMS Keiji Fukuda.

O problema coa Klebsiella pneumoniae é que se fixo resistente a antibióticos de amplo espectro. Mesmo a aqueles derivados da penicilina, que ás veces constitúen o derradeiro recurso terapéutico, nun intento de volver atrás no tempo para atopar algo que loite efectivamente contra o microorganismo. A resistencia desta bacteria aos carbapenémicos xa se estendeuse a todas as rexións do mundo, segundo a OMS.

K. pneumoniae é unha causa importante de infeccións nosocomiais (no eido hospitalario), como as pneumonías, as septicemias ou as infeccións dos recentemente nados e os pacientes ingresados en unidades de coidados intensivos. Nalgúns países, os antibióticos xa non son eficaces en máis da metade dos casos. Tamén está a medrar a resistencia a fluoroquinolonas, unha das clases de fármacos antibacterianos máis utilizadas no tratamento das infeccións urinarias por E. coli.

A OMS xa considera a crise dos antibióticos unha grave ameaza

A preocupación ante a crise dos antibióticos é tan grande que xa hai dous premios millonarios internacionais para solucionala. A fundación británica Nesta premiará con 14 millóns de euros a quen solucione este problema científico. Tamén a Comisión Europea ofrece, dentro do seu programa Horizonte 2020, un premio de un millón de euros para investigacións neste eido.

“A eficacia dos antibióticos foi un dos alicerces que nos permitiu vivir máis tempo con máis saúde e beneficiarnos do medicamento moderno”, afirmaba o vicepresidente da OMS Fukuda. E as súas palabras non son realmente tranquilizadoras: “Se non tomamos medidas importantes para mellorar a prevención das infeccións e non cambiamos a nosa forma de producir, prescribir e utilizar os antibióticos, o mundo sufrirá unha perda progresiva destes bens de saúde pública mundial cuxas repercusións serán devastadoras”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión insta ao impulso da terapia en Galicia

O evento acolle en Vigo a máis de 40 expertos os días 22 e 23 de febreiro

A metade da poboación está infectada por ‘Helicobacter pylori’: podemos evitar a súa transmisión?

É unha bacteria estendida e común pero pouco estudada que pode producir enfermidades no estómago e no duodeno

A UVigo bate récords na captación de fondos nacionais coa consecución de 5,5 millóns de euros para 40 proxectos

A metade dos traballos están vinculados os investigadores dos centros CIM, CINBIO, atlanTTic, Cintecx e Ecobas

Que é a lexionela? A bacteria que agroma en Galicia e Portugal sen que se coñeza o foco

O bacilo deixa 18 casos no Rosal, A Guarda e Caminha. Secuenciaranse mostras para determinar se existe relación entre os gromos