Xoves 25 Abril 2024

Carlos Briones presenta en Santiago o seu libro ‘Orígenes: el universo, la vida, los humanos’

Coincidindo coa xornada de portas aberta que cada primeiro mércores de mes celebra o Museo de Historia Natural da USC (MHN), este 6 de abril o MHN engade á súa exposición permanente a presentación do libro Orígenes: el universo, la vida, los humanos, da man de Manuel Vicente e o co autor do volume Carlos Briones. Esta sesión na que colabora a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (Divulgacion.org) celebrarase a partir das 19.30 horas con entrada libre.

Este libro é unha reflexión sobre as claves da formación do universo, a aparición da vida e o nacemento da humanidade. Escrito polo cosmólogo Alberto Fernández, o paleoantropólogo José Mª Bermúdez de Castro e o bioquímico Carlos Briones, profunda na orixe do universo, a emerxencia da vida e a aparición da especia humana. Como apuntan os seus autores, a investigación sobre estas tres cuestións “non só alcanza as fronteiras do coñecemento científico, senón que involucra outros campos da cultura e o pensamento”.

Publicidade

Carlos Briones é científico titular no Centro de Astrobioloxía (CSIC-INTA), asociado ao NASA Astrobiology Institute, e as súas liñas de investigación mergúllanse no estudo das orixes da vida, os virus RNA e a bionanotecnoloxía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Isto é o que saben ata agora os virólogos do SARS-CoV-2

Os autores do artigo, expertos no estudo de virus, analizan as características máis salientables do axente causante da pandemia mundial

A orixe do coronavirus SARS-CoV-2, á luz da evolución

O estudo dos coronavirus descritos desde hai decenios, así como coñecer os postulados da evolución, axudan a entender como poden aparecer estes patóxenos

Cerebroides, neuronas e improvisación

Unha nova entrega do programa Efervesciencia, que visita o Congreso da Sociedade Española de Neurociencia

As vacacións da avoa de Einstein

Comeza unha nova tempada de Efervesciencia con novos contidos para o programa de divulgación científica que dirixe Manuel Vicente