“Xuntos, máis fortes”: o primeiro congreso de persoas con cancro en Galicia

A inscrición, que é gratuita, poderá realizarse o propio venres no Palexco antes do inicio da xornada, ás 16.00h. Pode apoiarse o encontro baixo o hastag #Galiciafronteaocancro2019

Estes días 26 e 27 de abril celébrase no Palacio de Exposicións e Congresos de A Coruña (Palexco) o I Congreso galego de persoas con cancro, organizado pola Asociación Española contra o Cancro (AECC). O congreso, no que se prevé unha asistencia de arredor de 1.000 persoas, pretende ser un punto de encontro e diálogo entre pacientes, familiares e profesionais. Neste sentido, intégranse tódalas entidades que loitan contra o cancro en varias mesas de discusión, conferencias, e 8 actividades que se desenvolverán simultaneamente nas horas programadas.

Os principais obxectivos son coñecer as necesidades dos pacientes e ofrecer as ferramentas necesarias, responder dúbidas con información veraz e actualizada e o intercambio de experiencias das persoas afectadas.

Publicidade

Expertos do ámbito da oncoloxía

No congreso participarán expertos de distintas asociacións relacionadas co ámbito da oncoloxía, como Marisol Soengas, directora do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) e Francisco Barón Duarte, membro da Sociedade de Coidados Paliativos e da Sociedade Oncolóxica de Galicia (SOG).

Tamén acudirán profesionais dos Complexos Hospitalarios Universitarios de varias cidades: Jesús García Mata (Ourense), especializado en cancro de mama; Rosario García Campelo, especializada en cancro de pulmón no (A Coruña); e Martín Lázaro Quintela, especialista en cancro de pulmón e xenitourinario (Vigo).

Publicidade

Ademais da dimensión científica, o evento funciona como espazo de xuntanza do ámbito galego. Dende a organización remárcase o carácter de unidade de “a nosa terra” e de tódolos implicados no confrontamento con esta enfermidade. Neste sentido, o venres ás 20.30h organízase na Sala Pelícano o encontro “Xuntos, máis fortes”, cun espectáculo músical.

Outra actividade organizada, co obxectivo de difundir mensaxes de superación e crecemento para contribuir á concienciacón e sensibilización, e o primeiro certame literario autonómico para pacientes con cancro, promovido polas catro Xuntas Provinciais da AECC.

Pódese descargar o programa do congreso en PDF aquí.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España