Comeza a campaña de vacinación contra a varíola do mono en Galicia

Con 109 casos notificados, a comunidade conta para arrancar a temporada con 315 doses das 12.400 que chegaron a España

Galicia inicia hoxe, 1 de setembro, a campaña de vacinación contra a varíola do mono, atendendo as recomendacións da Comisión de Saúde Pública e no ronsel doutras comunidades como Madrid, País Vasco, Cataluña e Comunidade Valenciana.

Pasaron máis de 3 meses desde que se rexistrou o primeiro caso de varíola do mono en Galicia (27 de maio), un gromo que chegara a España 9 días antes e que suma a día de hoxe 109 casos na nosa comunidade, segundo datos facilitados pola Consellería de Sanidade. Esta cifra supón o 1,6% dos 6.543 casos totais de España e sitúaa como a oitava comunidade con máis enfermos notificados, tal como recolle a Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica (Renave). Madrid e Cataluña, con 2.324 e 1.950 casos respectivamente, son os focos principais.

Publicidade

Serán os equipos de Medicina Preventiva das distintas áreas sanitarias os encargados de poñerse en contacto coas persoas susceptibles de vacinación, a cal terá lugar nos centros hospitalarios.

A dispoñibilidade de doses de vacinas, a curto e medio prazo, é limitada, a causa da demanda mundial e das dificultades de fabricación, xa que se producen todas nun único laboratorio, Babarian Nordic, que as comercializa baixo dúas marcas distintas: Imvanex, en Europa, e Jynneos, en Estados Unidos. 

Publicidade

Galicia conta, para iniciar a súa campaña, con 315 doses das 12.400 que chegaron a España, confirman desde Sanidade. Supoñen o 2,5% do total, A vacina dispoñible é Jynneos. Trátase dunha vacina de terceira xeración, con virus atenuado relacionado coa varíola que non se replica e non provoca a enfermidade.

Priorización

Fronte a limitación de doses, Galicia vai priorizar, no caso da vacinación pos-exposición, os contactos estreitos de casos confirmados, e dun xeito especial a aqueles que teñen un alto risco de enfermidade grave: poboación infantil, persoas inmunodeprimidas e mulleres embarazadas. A administración farase entre o cuarto e o décimo cuarto día após do contacto estreito.

Se falamos de vacinación pre-exposición, as doses irán preferentemente a persoas menores de 45 anos que sen ser contactos estreitos con casos confirmados, teñen prácticas sexuais de alto risco como, por exemplo, persoas que usan a PreP -profilaxe pre-exposición- para a prevención do VIH.

“Un dous principais riscos dá varíola do mono é que salte aos animais e se faga endémica en Europa”

ÁNGELES CAÑIZARES, viróloga

Aínda que non está considerada unha doenza grave e que en Galicia a incidencia da varíola do mono é limitada, autoridades e comunidade científica traballan, man a man, para atallar unha enfermidade que situou a España como o país con máis casos de Europa e ademáis o único que notificou mortes. Dúas, producidas por unha complicación da enfermidade.

“O máis habitual é que os casos non sexan graves pero ás veces o doente sofre unha sepse ou unha encefalite, que foi o motivo polo que faleceron eses dous pacientes”, sinala Ángeles Cañizares, viróloga e investigadora do CHUAC, quen advirte que un dos principais riscos da varíola do mono é que salte aos animais e se faga endémico en Europa, como o é en zonas de África occidental y central.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova ferramenta de IA analiza a microbiota da poboación galega para anticipar enfermidades

Dous investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur crean un novo índice para identificar zonas de actuación prioritaria e apoiar a toma de decisións sanitarias

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Galicia amplía ata os 25 anos a vacinación en varóns contra o virus do papiloma humano

A medida impulsada pola Dirección Xeral de Saúde Pública, que entrará en vigor o 25 de maio, consistirá na administración dunha soa dose

Graziella Almendral, presidenta dos xornalistas sanitarios en España: “A desinformación está gañando”

A farmacéutica Zendal organizou unha xornada no Porriño co gallo da Semana Mundial da Inmunización na que participou a profesional da información