Xoves 10 Outubro 2024

Científicos de Santiago, no estudo dun insector vector do mal de Chagas

Con apenas 34 milímetros, o Rhodnius prolixus é un insecto ao que algúns estudosos atribúen unha grande capacidade para alimentarse da sangue de mamíferos e aves, ata 300 miligramos en 15 minutos. Os seus hábitos alimenticios convérteno nun dos vectores máis importantes de transmisión do parásito Trypanosoma cruzi, o causante da enfermidade de Chagas ou enfermidade do pobre. Anualmente, por causa desta doenza morren 10.000 persoas e estímase que aproximadamente cen millóns en risco de infección e 6 millóns xa infectadas, sobre todo no continente americano.
520px-Rp-nymphs-adult
Un consorcio internacional, no que participan investigadores da USC, acaban de publicar a primeira secuenciación do xen deste insecto o que achega información de relevancia sobre a fisioloxía e evolución do Rhodnius prolixus. En total, o traballo investigador realizado permitiu a identificación dos 15.000 xenes presentes neste insecto. Como característica particular e diferenciadora fronte outros insectos vectores de enfermidades, o Rhodnius prolixus“manifesta unha expansión de familias xénicas vinculadas á súa forma de alimentación, en concreto xenes que participan na alimentación, dixestión e receptores químicos”, explica Marta Tojo, investigadora do Departamento de Fisioloxía da USC a través do programa I2C da Xunta de Galicia.

Marta Tojo, de Fisioloxía da USC, identificou un grupo de xenes do insecto

A importancia do traballo agora publicado na revista Proceedings of the National Academy of Sciences  (PNAS) radica en que “coñecer os xenes involucrados no comportamento biolóxico deste insecto é fundamental para desenvolver novos métodos máis eficaces para control destas pragas”, engade a investigadora da USC. Baixo a dirección de Pedro L. Oliveira, da Universidade Federal do Rio de Janeiro, Marta Tojo traballou na identificación dun grupo de xenes, “unha pequena fracción do xenoma” xa que unha vez secuenciados “ debermos determinar a súa ubicación, a súa lonxitude e a súa complexidade estrutural”.
O estudo tamén revela outros aspectos únicos de R. prolixus, como unha peculiar rede inmunitaria e outros aspectos da relación entre o insecto hóspede e o parasito que causa a enfermidade de Chagas. Esta información sobre a relación insecto-parasito, e en concreto en como o insecto retén ou elimina os parasitos, podería facilitar novas aproximacións para o control ou a eliminación da enfermidade.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Doces de proteína de insecto e outros proxectos da UVigo xunto á Universidade do Minho

Un dos traballos da colaboración propón o uso de biosurfactantes prebióticos para aplicacións dérmicas

Un de cada catro lobos en Galicia presenta infección por vermes cardiopulmonares

Un estudo no que participou a USC detectou en cadáveres do noroeste peninsular un parasito que ocasiona doenzas respiratorias en carnívoros

O parasito máis abundante da natureza favorece as femias e prexudica os machos

Máis da metade de todas as especies de insectos e artrópodos viven infectados por 'Wolbachia', descuberto en 1924

Un equipo da UVigo describe catro novas especies de insectos do Carbonífero Superior

Simplexpaolia prokopi, Hispanopteron romerali, Corydaloides leonensis e Mischoptera bergidensis, son as catro novas...