Un boato sobre o coronavirus en Galicia esténdese polas redes

Sanidade desminte a presenza de positivos nos hospitais galegos despois de que diversos rumores circularan alertando dun caso na Coruña

Non, non hai casos confirmados de coronavirus en Galicia. Despois de descartarse un caso sospeitoso nunha persoa que foi ingresada no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, unha mensaxe que circulou a través da rede de Whatsapp, e que algunhas persoas sitúan na Coruña, apunta á presenza dun positivo no hospital da cidade. Porén, a Consellería de Sanidade confirmou este martes a falsidade do boato, pedindo ao mesmo tempo que a xente non comparta polas redes este tipo de rumores.

Hai unha semana xa circulara outro boato sobre un posible caso en Noia, que foi desmentido tamén polo Sergas e o Ministerio de Sanidade. O propio Servizo Galego de Saúde, no marco dos plans de actuación previstos polo Ministerio, conta cun plan de vixilancia e control cos pasos que se deberían seguir en caso de detectar casos sospeitosos.

Publicidade

Porén, por agora, a doenza contaxiosa que máis preocupación en canto a número de casos está xerando é a gripe, que se atopa posiblemente no cumio da onda estacional desta tempada. Ata o de agora, desde o comezo da campaña, declaráronse nos hospitais galegos máis de 1.000 ingresos por gripe confirmada, 886 deles co virus A. Do total dos casos, 817 estaban dentro dos grupos de risco, ben por idade ou outros factores. Entre o total destes casos notificáronse 29 falecementos, 13 deles por gripe como causa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Galicia introduce unha vacina de reforzo contra a meninxite B aos 12 anos

O Sergas aplicará unha dose única aos nenos con pauta completa e dúas aos que non a teñan, aínda sen definir a data de inicio da medida

Máis de 50.000 galegos participaron nun ensaio para avaliar a vacina contra o virus sincitial

Sanidade analizará os datos achegados durante a campaña Sincigal para medir a súa efectividade na redución de hospitaliacións

Os casos de mpox en Galicia aumentan ata as 12 infeccións

Os afectados son homes cunha idade de entre 35 e 65 anos, coa maioría dos contaxios na provincia da Coruña