As NerdNites céntranse en febreiro na ciencia de materiais

O Bar Riquela de Santiago acolle unha nova edición das charlas, coa presenza de Teresa Flores, Manuel González, Arturo López Quintela e David Buceta

O bar Riquela de Santiago (rúa do Preguntoiro, 35) acolle o vindeiro mércores 19 de febreiro unha nova edición das NerdNites, sesións nocturnas de divulgacións impartidas por científicos expertos en diversas materias. Nesta ocasión, a actividade centrarase na ciencia de materiais, e conta coa colaboración da Agrupación Estratéxica de Materiais (Aemat) da USC.

A partir das 21 horas, falarán María Teresa Flores Arias, profesora de óptica da USC, coa charla Xogando coa luz, Manuel A. González Gómez, doutorando en nanomedicina do grupo Nanomag da USC, con A ciencia detrás do poder de Magneto´. Pecharán a sesión Arturo López Quintela (catedrático de química física da USC) e David Buceta, (investigador posdoutoral no laboratorio Nanomag) con A táboa periódica en 3D.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ GCiencia pausa a súa actividade informativa con motivo da folga xeral polo dereito a vivenda

A web e as redes sociais do medio permanecerán sen actualizacións ao longo de todo o mércores e retomarán o seu funcionamento habitual o xoves

Os 10 marcadores xenéticos que fan único o can de palleiro e aseguran o futuro da raza

Un estudo liderado polo investigador da USC Paulino Martínez demostra que contan cun patrimonio xenético propio e diferenciado e manteñen un nivel de consanguinidade moderado

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente

Vigo impulsa o uso pioneiro da realidade virtual para mellorar a recuperación tras un transplante de médula

O proxecto do IIS Galicia Sur e o Hospital Álvaro Cunqueiro combina exercicio terapéutico e tecnoloxía para combater a deterioración física e emocional