Un estudo realizado con máis de 80.000 mulleres en Suecia demostrou que o cribado con intelixencia artificial detecta un 20% máis de cancros de mama que co diagnóstico rutineiro das mamografías realizadas por dous radiólogos. O estudo foi publicado en The Lancet Oncology e resalta o potencial das máquinas intelixentes para os cribados de mama. A alta tecnoloxía está a demostrar que pode ser unha gran aliada para realizar diagnósticos precoces.
“A análise das mamografías coa axuda de intelixencia artificial é tan bo como o de dous radiólogos traballando xuntos para detectar o cancro de mama, sen aumentar os falsos positivos e reducindo case á metade a carga de traballo de lectura das mamografías (44%)”, explican os investigadores da Universidade de Lund e do Hospital Universitario de Skåne.
Para coñecer as conclusións definitivas do estudo aínda haberá que esperar uns anos, pero as provisionais arroxan luz para reducir os chamados cancros de intervalo, que son os que adoitan ter peores diagnósticos.
6 deteccións por cada 1.000 exames
“Estes prometedores resultados provisionais de seguridade deben utilizarse para fundamentar novos ensaios e evaluacións baseadas en programas para facer fronte á acusada escasez de radiólogos en moitos países”, afirma Kristina Lång, da Universidad de Lund. Os exames de detección que realizaron os investigadores deron como resultado unha taxa de detección de cancro de 6 por cada 1.000 mulleres examinadas, en comparación con 5 por 1.000 co enfoque habitual.
Os investigadores calcularon que se os radiólogos len arredor de 50 mamografías por hora, a un só radiólogo levaríalle de catro e seis meses menos ler arredor de 40.000 exames de detección coa axuda da IA. “O maior potencial da IA neste momento é que podería permitir que os radiólogos se sintan menos agobiados pola cantidade excesiva de lectura”, di Kristina Lång.














