Só existe un cemiterio en Galicia que teña todas as súas lápidas en galego. Está situado no municipio lucense de Paradela e a razón desta unanimidade lingüística é un acordo dos veciños, que decidiron unificar o deseño das sepulturas, a súa tipografía e tamén o idioma. Agora: San Facundo de Ribas de Miño ten o raro privilexio de que todos os seus escritos mortuorios están na lingua de Rosalía.
Para celebrar este feito, e co gallo do Día de Defuntos, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e o Concello de Paradela, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebrarán o día 31 de outubro un acto para “reafirmar o uso do idioma propio no único cemiterio con todas as lápidas en galego”.
O acto comezará na propia Casa do Concello de Paradela, ás doce do mediodía, onde o alcalde de localidade, José Manuel Mato, dará a benvida aos participantes e aos veciños do municipio que queiran sumarse ao mesmo. Posteriormente, os presentes que o desexen asinarán a “acta de reafirmación de Galeguidade”, dentro da iniciativa ‘En Galego, agora e sempre’, parar declarar que queren “que a súa despedida vital, funerais e todas as cerimonias de despedida da vida sexa feitas en galego”.
O acto no Concello rematará coas palabras do presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, Xosé González Martínez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Desde a capital municipal, os participantes desprazaranse ao cemiterio de San Facundo de Ribas de Miño, onde se descubrirá unha placa para deixará constancia desta celebración. Os participantes visitarán o cemiterio e a igrexa, acompañados polo sacerdote e musicólogo Xesús Mato, premiado coa Medalla Castelao e Fillo Predilecto do Concello de Paradela.
San Facundo fúndase no século XII para acoller aos peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. Despois da destrución da ponte que cruzaba o Miño en Portomarín por Dona Urraca, os monxes beneditinos instálanse neste lugar do Miño para cruzar en barca os peregrinos. Cando se reconstrúe a ponte, en San Facundo refuxiábanse os viaxeiros que non podían pagar o pontádego de Portomarín.
No ano 1620 pasou a ser priorado do mosteiro cisterciense de Santa María de Montederramo.
O conxunto está situado nunha paraxe de gran beleza, próximo ao río Miño e rodeado de viñedos, declarado Monumento Nacional en 1982.
El español también es el idioma propio de Galicia no seamos intolerantes.
O castelán é:
A) Inferior: Un subdialecto condal.
C) Infiel: ó latín.
D) Deturpado: durante a reconquista da Ispaniya musulmán.
E) Africano: Estendeu a sus bosta arabizante polas taifas ispanas.
F) Praga: froito da indixencia mental dos seus infieis rebuznantes.
Vai pastar
Todo un exemplo!
Beleza da natureza e do lugar, respeito pola cultura própria. Um exemplo para toda Galiza
: