Os ósos duns ratos confirman que o cambio climático afectou a poboados de Atapuerca

As variacións climáticas de fai 4.200 aumentaron a aridez e provocaron a desaparición de civilizacións como o Imperio Acadio

Aínda que é sen dúbida o que máis rapidamente se está producindo, o actual cambio climático non foi o único polo que pasou o planeta. Ao comezo da idade do bronce, o clima volveuse máis árido afectando á vexetación e provocando migracións das poboacións humanas que puideron desembocar na desaparición de imperios como o Acadio. Investigadoras do Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN-CSIC) confirmaron, grazas á análise dos fósiles de pequenos mamíferos, que este fenómeno tamén afectou as poboacións que habitaban a Serra de Atapuerca. A investigación despexa as contradicións que até agora había entre os datos sobre o clima obtidos a partir do estudo do pole e esporas antigos (palinología) e os fósiles de roedores atopados no xacemento.

O aumento da aridez e o frío que se produciu hai 4.200 anos, momento que marca a transición entre o Holoceno medio (fai entre 8.200 e 4.200 anos) e tardío (hai 4.200 anos até hoxe), está rexistrado entre os niveis MIR4 e MIR5 do xacemento do Miradoiro, en Atapuerca. Con todo, as especies de roedores atopados nesa transición de épocas non corresponden cun aumento da aridez senón cun ambiente máis húmido. “Os rexistros obtidos co pole e as esporas non se correspondían co tipo de fauna que detectamos en niveis temporais equivalentes”, explica a investigadora do MNCN e a Universidade Complutense de Madrid Sara García-Morato. “A disparidade dos resultados atopados entre as plantas e os animais levounos a ir máis aló e grazas á análise tafonómico puidemos explicar o porqué destas aparentes contradicións”.

Publicidade

De esquerda a dereita: restos de micromamíferos de MIR5, distal de fémur con costras de carbonatos de MIR4 (frecha branca) e incisivos dixeridos polo depredador (a frecha branca sinala as zonas onde a dixestión é máis evidente, deixando ao descuberto a dentina do incisivo). | MNCN – CSIC

A tafonomía é a ciencia que estuda como se produce a fosilización e como os restos hoxe fósiles chegaron ao xacemento. Neste caso concreto, nos restos de micromamíferos de ambos os niveis confirmaron que os roedores foron depredados por un bufo real, Bubo bubo. “Trátase dun depredador oportunista que adoita cazar todo tipo de presas, pero sobrevoa máis habitualmente as zonas abertas e húmidas da súa área de caza, o que explicaría esta disparidade entre o que indican os micromamíferos e o pole rexistrados nos mesmos niveis”, explica García-Morato.

O xacemento do Miradoiro foi empregado polos humanos como cortello de gando e detéctanse varios niveis de cremación de estiércol e restos de lixo, como no nivel MIR4, máis recente, onde abundan roedores como Microtus arvalis adaptados á presenza humana e cultivos. En cambio, cando se detecta o evento climático, no nivel MIR5, a cova tiña principalmente usos funerarios, o que favorecía a presenza de Microtus agrestis, un roedor típico de ambientes húmidos pouco tolerante da presenza humana”, puntualiza Yolanda Fernandez-Jalvo, tamén do MNCN.

Publicidade

Vista exterior do xacemento do Miradoiro, en Atapuerca. Arriba imaxe dos diferentes niveis aos que se atopan os restos no xacemento / Jordi Mestre. Fundación Atapuerca

Esta investigación confirma que as análises tafonómicos rexistran con gran fidelidade a información ecolóxica, xa que permiten confirmar a presenza doutros procesos como a formación de depósitos de manganeso ou costras de carbonatos, asociados a condicións ambientais húmidas. Neste caso, o nivel MIR5 caracterízase por unha baixa cantidade destes depósitos, confirmando que os procesos tafonómicos non asociados á depredación apoian a fase árida indicada polo pole. Por tanto, os estudos tafonómicos axudaron a identificar detalladamente a presenza de cambios climáticos acelerados (que se producen en varios centenares de anos) o que pode axudar a comprender o cambio climático actual e o seu impacto sobre a biodiversidade.


Referencias:

S. García-Morato, D. Marin-Monfort, S. Bañuls-Cardona, G. Cuenca-Bescós, J.M. Vergès, Y. Fernández-Jalvo. (2022). Solving a ‘puzzle’. The global 4.2 ka Bond Event at El Mirador cave (Sierra de Atapuerca, Burgos, Spain) and the importance of small mammal taphonomy to the interpretation of past environments and their climatic controls.

The Holocene. DOI: 10.1177/09596836221138347

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Alfredo G. Ruibal, arqueólogo: “Cando escavamos chabolas e campos de concentración sempre atopamos dignidade”

O galego publica 'País en ruínas', un libro no que reconstrúe a historia do franquismo a través dos obxectos máis singulares que atopou ao longo de case dúas décadas de traxectoria

A apaixonante historia do Casco de Leiro, a xoia prehistórica que atopou un veciño de Rianxo hai 50 anos

Décadas despois do seu descubrimento, a peza de ouro aínda mantén varias incógnitas sobre a súa orixe e funcionalidade

Nin bárbaros nin salvaxes: así coidaban os galegos dos seus enfermos hai 1.500 anos

Unha investigación da USC revela que as comunidades galegas mantiñan redes de solidariedade vitais para protexer os máis vulnerables

Novos achados confirman a longa ocupación da illa de Tambo

Unha campaña arqueolóxica, promovida polo Concello de Poio, documenta a presenza humana continuada dende a prehistoria ata a etapa militar contemporánea