‘De Galicia para o mundo’: a Torre de Hércules ilumina Times Square

Unha das pantallas máis emblemáticas do mundo, situada na cidade de Nova York, mostra a mensaxe dunha clínica bucodental galega

As miles de persoas que transitan diariamente por unha das prazas máis concorridas e famosas do mundo, a de Times Square en Nova York, puideron ver durante varios días de decembro unha maxestosa imaxe da Torre de Hércules da Coruña. A foto proxectada formaba parte dunha campaña publicitaria da Clínica Pardiñas, un consultorio dental galego localizado precisamente na cidade herculina. “Desde o outro lado do Atlántico, establecida en 1986 na Coruña… Dende Galicia para o mundo”, foi unha das mensaxes que integraban o anuncio.

“Que a nosa profesión e a importancia de ter unha boa saúde bucodental se proxecten en plena Times Square e nun dos espazos publicitarios máis solicitados e relevantes do mundo é un gran fito e unha constatación de que unha das misións da clínica, que é achegar a odontoloxía ao público xeral, está a cumprirse”, apunta o director da clínica, Simón Pardiñas. O experto tamén resaltou o valor das raíces galegas do proxecto: “Ademais, é un orgullo poder representar a Galicia por todo o mundo”.

Publicidade

Pardiñas tamén quixo salientar que a súa canle Dentalk é a máis grande do mundo en Youtube dedicaba a cuestións odontolóxicas. De feito, conta con preto dun millóns de subscritores e chegou a 300 millóns de usuarios de todo o mundo. Ten, ademais, máis de 1.000 vídeos divulgativos dispoñibles e animacións dentais en 3D que se poden ver en 15 idiomas diferentes. Amais disto, a canle recibiu o galardón “Insignia de prata Youtube” en 2019 como recoñecemento á calidade de contidos e popularidade de Dentalk e, segundo avanza Pardiñas, nas próximas semanas recibirán a Insignia de Ouro.

1 comentario

  1. Pero a honra sería para New York non? Por que é o faro romano más antigo en servizo. Non teñen alí un monumento histórico de tal magnitude por favor!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Arrestado en Vigo o alcalde de Nova York (1876)

William Tweed foi detido no porto vigués cando viaxaba de polisón nun barco tras escapar da prisión dos Estados Unidos tras unha vida de delincuencia

Dúas neurocientíficas ‘guerrilleiras’ en Nova York

O programa Efervesciencia entrevista a Estrela Area e Sandra Barral, da Universidade de Columbia

As imaxes da emigración galega aos Estados Unidos

O Consello da Cultura Galega leva á illa de Ellis, en Nova York, unha exposición sobre os galegos que marcharon a América

O investigador da UDC Pablo Montero recolle en Nova York o Premio ao Mellor Doutorando

O galardón para o membro do grupo MODES chega na competición internacional M4 sobre predición