O Dicionario da Academia disparou as súas buscas ata 105.000 diarias

Os efectos do confinamento e o teletraballo fixeron bater récords de consultas, que medraron nun 50% ao longo do ano 2020

O Dicionario da Real Academia Galega superou en 2020 as 38.500.000 buscas, máis de 105.000 ao día de media. As consultas medraron case un 50 % con respecto ao ano 2019, cando xa se producira un incremento por riba do 18 % con respecto ao 2018 e se chegara ás preto de 26.0000.000 procuras. A entrada en vigor do primeiro estado de alarma por mor da pandemia marcou un punto de inflexión e rexistrou a marca histórica de buscas no mes de maio de 2020, que pechou con máis de 4.800.000.

O Dicionario en liña da Real Academia Galega funciona dende o ano 2013. Dende entón, esta ferramenta esencial da lingua galega non deixou de medrar, e a súa utilidade social fíxose aínda máis evidente en pleno confinamento, cando milleiros de persoas tiveron que teletraballar e os estudantes continuaron co proceso de aprendizaxe de xeito telemático.

Publicidade

O Dicionario da Real Academia Galega está dispoñible na páxina web da institución, en academia.gal, e a través do Portal das Palabras, o proxecto de divulgación do noso léxico posto en marcha en colaboración coa Fundación Barrié, que apoia ademais a actualización tecnolóxica do Dicionario e das súas aplicacións para iOs e Android.

As reunións presenciais das seccións e dos seminarios da Real Academia Galega suspendéronse durante o confinamento, pero a actividade científica da institución proseguiu. O Seminario de Lexicografía, responsable da revisión e da actualización do Dicionario, incorporou case un cento de lemas e realizou modificacións en case trescentas entradas, tanto para engadir acepcións, fraseoloxía, sinónimos ou antónimos como para mellorar a redacción das definicións e dos exemplos. Moitos dos lemas que se incorporaron son palabras que se popularizaron na fala cotiá en plena pandemia. É o caso de asintomáticocovid-19coronavirusgotículadesescaladateletraballo ou triaxe.

Publicidade

A pandemia tamén deixou pegada entre as novas acepcións en lemas xa presentes no Dicionario. A entrada de gromo incorporou así o significado referido á aparición súbita dunha enfermidade epidémica entre a poboación dun determinado lugar; e a de repunta, a que atinxe á nova aparición de algo, especialmente dunha enfermidade epidémica, nun lugar en que xa estaba controlada ou en vías de desaparición.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inestabilidade e risco extremo de incendio: así será o tempo durante a fin de semana en Galicia

O vento do nordés deixará case 20 graos de diferenza entre o sur e o norte da comunidade galega

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Un 12 de agosto histórico: a eclipse total que escureceu o día en Galicia

Miles de persoas levantaron a vista ao ceo e sentiron o silencio e frío que acompañaron os minutos nos que a Lúa ocultou por completo o Sol