Atopan catro novos campamentos militares romanos en Galicia

Catro novos campamentos militares romanos na fronteira entre Galicia e Asturias. O grupo de investigación europeo Romanarmy investiga tres destes asentamentos lexionarios, mentres traballa sobre o terreo nun carto na Fonsagrada, situado no lugar da Penaparda. Os outros tres establecementos militares da antiga Roma están localizados en Outeiro, Pedra Dereta e Chao de Carrubeiro, nas serras que unen Lugo e Asturias.

“Un dos obxectivos científicos da intervención no campamento romano da Penaparda é verificar unha hipótese de traballo: a dunha posible liña de avance dun continxente militar romano nas montañas da fronteira entre Galicia e Asturias”, explica o grupo Romanarmy, que precisa afondar no seu traballo porque “aínda non sabemos en que dirección ou con que obxectivos exactos se desprazaban, ou cando”.

Publicidade

Os arqueólogos pertencen a diferentes universidades europeas, que xa traballan no campamento romano de grandes dimensións localizado no concello da Fonsagrada (Lugo) e descoñecido ata o seu descubrimeinto a finais de 2015. O campamento, localizado nunha zona denominada A Penaparda, atópase a 865 metros de altitude e ocupa máis de 10 hectáreas de terreo, o equivalente a máis e doce campos de fútbol.

Localización do campamento de Pedra Dereta.
Localización do campamento de Pedra Dereta.

A Penaparda é un dos campamentos militares romanos máis grandes localizados ata o momento. A investigación está patrocinada polo concello da Fonsagrada e financiado pola Deputación Provincial de Lugo. Desenvólvese baixo a coordinación científica do grupo de investigación Síncrisis, do Departamento de Historia da Universidade de Santiago, coa colaboración do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do CSIC.

Publicidade

Penaparda tiña capacidade para aloxar aos 5.000 soldados dunha lexión

O campamento da Penaparda ten as dimensións suficientes como para albergar unha lexión completa, con máis de cinco mil soldados, e a investigación parte da hipótese de que se poida tratar dun asentamento militar temporal de época romana altoimperial. A fortificación foi localizada a partir do estudo da fotografía aérea e especialmente grazas á tecnoloxía LiDAR de análise por satélite.

Os investigadores pensan que A Penaparda forme parte, xunto cos outros tres campamentos estudados, da liña de avance dun gran continxente de soldados romanos, na zona fronteiriza entre Asturias e Galicia.

A invasión romana da Gallaecia tivo varios momentos, destacando os episodios de conquista que remataron co dominio efectivo romano nos días do emperador Octavio Augusto.

O grupo Romanarmy xa atopara outros campamentos romanos en campañas anteriores, como os localizados nas localidades lucenses de Sarria e Láncara. Tamén elaboraron este vídeo divulgativo sobre as campañas militares romanas na Gallaecia.

 

3 COMENTÁRIOS

  1. Estou verdadeiramente encantada e apaixonada pela escrita, pelo idioma galego. Meu avô dizia- se galego.Ele era de Viana do Castelo mas de família galega.Somos de lá mas estamos no Brasil.Foi a 1a vez que vi o idioma. É LINDO!! Abraços desde o Rio de Janeiro.

  2. Gostaría recibir información de algo tan interesante. Tanto referido á zona galega como asturiana e leonesa. Ou do norte de Portugal. Libros, revistas ou artículos actuais onde se trata estos temas. Beizonciñas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro