Venres 6 Marzo 2026

Nas ‘Cantigas de Santa María’ aparecen centos de nomes propios: consúltaos aquí

Un dicionario e unha base de datos dixital recompilan os antropónimos e topónimos que figuran na obra de Afonso X O Sabio

Estudar os nomes propios que aparecen nas Cantigas de Santa María, tanto de persoas como de lugares, para crear un dicionario en formato libro dixital e unha base de datos na rede é o obxectivo dun proxecto no que está a traballar o doutor Manuel Negri do Grupo de Investigación de Románicas da Universidade de Santiago (USC). O investigador indica que “as Cantigas de Santa María foron obxecto de moitos estudos, pero case nunca se abordaron dun xeito sistemático en canto aos nomes propios que se mencionan nas composicións. Así, considerada a escaseza de publicacións exhaustivas sobre este aspecto, este proxecto busca emprender un estudo en profundidade, novidoso, que estará permanentemente actualizado grazas ao uso das novas tecnoloxías”.

No proxecto trabállase con topónimos e antropónimos a través da súa clasificación, rexistro e mesmo na súa desambiguación cando sexa necesario. Para cada un destes elementos ofrécese unha contextualización e explicación pormenorizada en relación ás cantigas onde aparecen. O obxectivo final é a creación dun dicionario de fácil acceso e consulta —a través dunha edición en formato dixital—, así como dunha base de datos que reúna todos os nomes propios transmitidos polas Cantigas, xunto coas formas medievais de referencia e unha ficha explicativa de cada un.

Publicidade

A base de datos GloSabio, chamada así en homenaxe ao impulsor das Cantigas, o rei Afonso X O Sabio, é unha ferramenta dixital para a recuperación e a consulta de información actualizada e contrastada sobre topónimos e antropónimos mencionados nestas composicións da lírica galego-portuguesa. Esta ferramenta será de grande utilidade para a comunidade investigadora, pero tamén está pensada para un público xeral e non especializado. Nesta liña, está previsto que se poidan recuperar informacións sobre persoas e lugares a partir das formas que eses nomes teñen na linguaxe común.

Nestes intres xa están rexistrados preto de 200 entidades nominais e ao redor de 300 lugares. De cada nome de persoa recóllese información como data e lugar de nacemento, data da morte, categoría e papel social. No caso dos topónimos, aparece información de carácter histórico e a súa correspondente situación xeográfica. Para facer máis accesible esta ferramenta, está prevista a gravación dun titorial audiovisual pensado non só para un público menos especializado, senón tamén para persoas con diversidade funcional ou baixa visión.

Publicidade

O investigador Manuel Negri.

A base de datos, na súa forma inicial, xa foi presentada no XIX Congreso da Asociación Hispánica de Literatura Medieval, celebrado en Portugal. Ademais, recentemente publicouse na prestixiosa revista académica italiana Carte Romanze un artigo no que se aclaran tres topónimos que aínda eran interpretados de forma diverxente por parte de varias persoas estudosas dos textos: Camela, Luzerna e Romania. “Son aínda escasas as achegas encamiñadas a ofrecer hipóteses resolutivas sobre a ambigüidade dalgúns topónimos citados nas Cantigas. Así, estes tres nomes teñen recibido lecturas diferentes por parte dos críticos, coa consecuente alteración do espazo no que ocorren os correspondentes milagres literarios”, salienta Manuel Negri. Nesta liña, un dos principais obxectivos desta iniciativa é achegar unha identificación máis segura dos topónimos.

Así mesmo, o investigador, membro da Asociación Hispánica de Literatura Medieval e da Sociedade de Estudos Medievais e Renacentistas, está a avanzar nun monográfico para dar máis difusión aos nomes de persoas que aparecen nas Cantigas de Santa María, coa información histórica correspondente e desde unha perspectiva multidisciplinar, abordando aspectos non só lingüísticos e literarios, senón tamén históricos e artísticos.


Podes acceder ao dicionari GloSabio na seguinte ligazón.

1 comentario

  1. Asunto: Impuestos Hola, Observando el panorama fiscal actual, parece que *tu empresa podría estar enfrentando desafíos significativos*. En nuestro despacho, nos especializamos en *reestructuración empresarial, concursos (incluso como evitarlos) y optimización fiscal*. Nuestro equipo está preparado para brindarte *soluciones concretas* no solo con la *optimización fiscal*, sino que también *soluciones frente a situaciones financieras complejas*. Si te interesa discutir cómo podemos *apoyar a tu empresa de manera específica* o si sientes que tu gestor actual no puede ofrecerte las soluciones que necesitas, me gustaría coordinar una reunión para explorar juntos las mejores alternativas para tu contexto. *¿Me podrías facilitar un teléfono?* Un cordial saludo

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Só un 1,6% de denuncias: os datos detrás das agresións sexuais a universitarias galegas en presenza de drogas

Un estudo da USC revela que o 87,3% dos agresores eran homes e case o 63% eran coñecidos das vítimas, principalmente en contextos de ocio

Tubío: “O estudo de ‘Science’ abre a porta a terapias que freen os xenes saltóns e eviten o progreso tumoral”

O equipo do CiMUS revela que os transposóns, secuencias móbiles do xenoma, alteran a estrutura cromosómica nas fases iniciais do cancro

Investigador galego participa na identificación de áreas clave para a conservación de artrópodos

O equipo do estudo, con presenza da USC, xerou unha base de datos con máis de 6.000 especies da Península e Baleares

Un documento do século XVI localiza seis fortalezas medievais desaparecidas no Val Miñor

O historiador da USC Rodrigo Pousa rescata un texto de 1558 con testemuños que sitúan no mapa da comarca varias torres e castelos dos que, ata o de agora, se descoñecía a súa posición