Atopan mostras de peixe de hai 1.700 anos e restos humanos nunha necrópole do Grove

Se seguen aparecendo novos restos ao ritmo actual, Adro Vello podería ser unha das necrópoles máis grandes de Galicia. Así o asegura Olalla López, antropóloga da USC, que traballa xunto aos investigadores do Geaat da UVigo, dirixidos por Adolfo Fernández, neste xacemento situado no Grove. O equipo acaba de atopar numerosos restos de peixe, cunha idade aproximada de 1.700 anos, ademais de restos de ostras e outros moluscos. “Pode ser un achado único” pola súa dimensión e o seu estado de conservación, sostén Adolfo Fernández.

Restos óseos. Foto: USC.
Restos óseos. Foto: USC.

“É peixe pequeno, aínda que non sabemos as especies, que se utilizaba para elaborar salsa“, conta Fernández. O investigador da UVigo engade que estes restos permitirán estudar o tamaño, o tipo das especies, o seu ADN e a súa evolución.

Publicidade

Equipo de traballo. Foto: USC.
Equipo de traballo. Foto: USC.

Do mesmo xeito, os investigadores tamén atoparon restos óseos de cando menos sete persoas: un recén nacido, tres nenos e tres adultos, que viviron entre os séculos V ou VI ata o XVII. “Queremos coñecer cómo eran as persoas de Adro Vello, cómo vivían, qué comían e cómo os enterraron e os achados de esqueletos infantís son especialmente importantes porque os nenos representan o sector da poboación máis fráxil”, sinala Olalla López.

A intervención enmárcase no proxecto Galtfish, Salt and fish salting in Ancient Gallaecia, que forma parte da iniciativa de I+D Marie Curie Talent, financiada pola UE.

Publicidade

1 comentario

  1. A salsa chamabase Garum e era empregada en tempos romanos en todo o imperio non so como aderezo as comidas senon como manxar culinario por si so.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ GCiencia pausa a súa actividade informativa con motivo da folga xeral polo dereito a vivenda

A web e as redes sociais do medio permanecerán sen actualizacións ao longo de todo o mércores e retomarán o seu funcionamento habitual o xoves

Os 10 marcadores xenéticos que fan único o can de palleiro e aseguran o futuro da raza

Un estudo liderado polo investigador da USC Paulino Martínez demostra que contan cun patrimonio xenético propio e diferenciado e manteñen un nivel de consanguinidade moderado

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente

Vigo impulsa o uso pioneiro da realidade virtual para mellorar a recuperación tras un transplante de médula

O proxecto do IIS Galicia Sur e o Hospital Álvaro Cunqueiro combina exercicio terapéutico e tecnoloxía para combater a deterioración física e emocional