A Real Academia Galega de Ciencias convoca a V edición do premio Contar a Ciencia-La Caixa

Pensar nalgún dos moitos proxectos de investigación que desenvolven as tres universidades galegas. Propoñer unha entrevista ou unha reportaxe para contalo, en formato escrito, fotográfico, audiovisual ou mixto. Así de sinxelo é participar na V edición do premio universitario de comunicación científicaContar a Ciencia-La Caixa“, que o 21 de febreiro abrirá o seu prazo de presentación de propostas. O certame está convocado pola Real Academia Galega de Ciencias e patrocinado por Obra Social la Caixa; conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia e a empresa Primux Tech e está organizado por GCiencia. O ano pasado, a gañadora do concurso foi Claudia Alonso, da Universidade de Vigo, cunha reportaxe sobre o traballo do grupo de Xenética Humana da mesma universidade na loita contra as enfermidades raras.

Poden optar ao premio os estudantes das facultades de Ciencias da Comunicación da USC, Ciencias Sociais e Comunicación da Uvigo (Campus de Pontevedra) e de Ciencias de Comunicación da UDC, así como os graduados en Ciencias da Comunicación das tres universidades que obtiveran o seu título no curso 2016-2017. Os participantes poderán concorrer individualmente ou en grupos dun máximo de dúas persoas.

Publicidade

Os participantes poderán presentar as súas ideas previas de reportaxe ou entrevista ata o 9 de marzo

Estes participantes poderán presentar as súas propostas de reportaxe ou entrevista ata o día 9 de marzo. Ao remate deste prazo, Gciencia seleccionará as propostas atendendo aos criterios de maior interese e orixinalidade do tema tratado, calidade expositiva e valor xornalístico, e comunicará a decisión aos participantes elixidos para que comecen a realizar os seus traballos. Este prazo abrirase o 13 de marzo e pecharase o 10 de abril, data límite para enviar as entrevistas ou reportaxes definitivas. Unha vez recibidas todas as candidaturas, os traballos publicaranse en gciencia.gal ao longo da segunda quincena de abril.

Premios

Entre finais de abril e comezos de maio emitirase o fallo por parte do xurado. Este estará encabezado polo presidente da Real Academia Galega de Ciencias, D. Miguel Ángel Ríos, e estará integrado por representantes da Consellería de Educación, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), de ‘la Caixa’, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e GCiencia, así como por unha investigadora galega de recoñecido prestixio.

Publicidade

O gañador ou gañadora do concurso recibirá 700 euros en metálico, un smartphone IoxPhone P1 de Primux e un diploma acreditativo. O xurado escollerá tamén dous finalistas, que recibirán cadanseu equipo de altofalantes portátiles Sk-21 de Primux e diplomas acreditativos. O resto de concursantes seleccionados para elaborar os seus traballos tamén recibirán diplomas.

Presentación de “Contar a Ciencia-La Caixa”

A V edición do premio “Contar a Ciencia-La Caixa” presentarase o mércores 21 de febreiro ás 10 da mañá nun acto que terá lugar na Facultade de Xornalismo de Santiago de Compostela.

Aquí podes consultar as bases completas (pdf) do V premio “Contar a Ciencia-La Caixa”

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Blanca Landa, experta en covid das plantas: “Adestramos cans que xa detectan vexetais infectados”

A investigadora do CSIC coordina un proxecto europeo para mitigar o impacto de 'Xylella fastidiosa', unha bacteria capaz de afectar máis de 700 especies

Un novo método predí a resistencia aos antibióticos da bacteria ‘Helicobacter pylori’

O estudo do CSIC permite saber con antelación que tratamento será máis eficaz para cada paciente

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país

Un estudo do CSIC descobre sinais de inflamación arterial no ADN despois dos 50 anos

Os investigadores identifican tamén células inmunitarias 'esgotadas' que poderían explicar por que a inchazón persiste na enfermidade denominada arterite de células xigantes