Vives nunha zona inundable? Compróbao neste mapa interactivo

Unha aplicación do Ministerio de Transición Ecolóxica permite consultar cales son as zonas de Galicia con máis risco de anegamento fluvial

Pontes derrubadas, estradas desfeitas e centos de vivendas inundadas. Estas imaxes catastróficas quedaron gravadas na retina de moitos veciños de Madrid e Toledo, onde o paso dunha DANA a pasada fin de semana causou grandes estragos materiais e humanos, deixando cinco falecidos e tres desaparecidos. Un escenario que agora afecta a Grecia polo paso da borrasca Daniel, que xa arrasou varias zonas do país. Podería acontecer algo así en Galicia? Unha ferramenta do Ministerio de Transición Ecolóxica permite saber se vives nunha zona inundable e cal é o risco de que a túa vivenda quede anegada ou arrasada ante fenómenos meteorolóxicos tan extremos como os que azoutaron o centro peninsular e Grecia nos últimos días.

En concreto, o Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables é a aplicación que puxo en marcha o Ministerio para saber cal é o risco de inundación nunha zona en concreto, podendo consultarse incluso rúa por rúa. O funcionamento do mapa interactivo é doado e podémonos desprazar co cursor por todo o territorio do Estado. Uns paneis despregables situados na parte superior do mapa permítennos aplicar filtros en función dos nosos intereses. Por exemplo, podemos saber como se estenden as zonas inundables segundo diferentes niveis de probabilidade, coñecer a súa cartografía ou incluso consultar o inventario de presas e embalses de España. Así mesmo, pódese facer unha busca por cauce, demarcación xeográfica e incluso comunidade autónoma e provincia.

Publicidade

As zonas máis afectadas de Galicia

En Galicia, a zona máis extensa e na que hai un maior risco para a poboación se se chegase a inundar está en Ourense. Máis en concreto, na antiga lagoa de Antela. O núcleo de Xinzo de Limia tamén se vería plenamente afectado e, en menor medida, outras vilas como Vilar de Santos e Rairiz de Veiga. Nestes dous últimos puntos, o risco é menor que nos anteriores segundo a lenda de cores do mapa, que vai dende o vermello (máis perigo) ata o amarelo (menos perigo). Na provincia de Ourense tamén se verían afectadas outras zonas, como boa parte do núcleo de Verín. De igual modo, salienta o anegamento que sufriría a cidade de Ourense nas zonas lindantes ao río Miño, dado que este filtro en concreto mide o risco para a poboación se se anegan os cauces fluviais.

  • Vilagarcía de Arousa.
  • Santiago de Compostela.
  • Lugo.
  • Ferrol.
  • Vigo.
  • Pontevedra.
  • Ourense.
  • Caldas de Reis.

Iso tamén acontecería en Vigo, onde as zonas de risco coinciden coas beiras do río Lagares, que cruza a cidade olívica. En Pontevedra, polo paso do río Lérez, o maior risco estaría na illa das Esculturas e, por extensión, nunha parte do campus universitario. No caso de Lugo, as zonas do Miño son as que estarían nun risco intermedio de anegamento para a poboación. Nas cidades da Coruña e Ferrol non hai áreas céntricas afectadas. En Santiago si habería risco nalgunhas zonas que baña o Sar pero, de novo, sen risco alto para os veciños. Unha situación ben distinta a que se viviría en vilas máis pequenas, como Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa, cuxos centros estarían en risco vermello por anegamentos fluviais.

Publicidade


Podes consultar o mapa interactivo na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Lipoproteína (a): que sabemos sobre a nova esperanza cardiovascular e o seu anunciado fracaso

Este verán completouse o primeiro ensaio clínico cun dos fármacos en investigación e, en contra do esperado, la farmacéutica Novartis comunicou que non tivera éxito

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional