Xabarís, cullereiros e baleas: estes son os animais do GTA VI que podes atopar en Galicia

Aínda que non se coñece a listaxe completa de especies, os materiais promocionais do famoso videoxogo permiten identificar algunhas

Despois de 13 anos, a empresa estadounidense Rockstar Games publica hoxe, 19 de novembro, a sexta edición do videoxogo Grand Theft Auto (GTA VI). Aficionados da saga en todas partes do mundo dedicarán o día a explorar as diferentes localizacións espalladas polo universo ficticio de acción e aventura. Máis alá da súa paisaxe urbana e natural, o xogo ofrecerá tamén a posibilidade de ver e interactuar con diferentes especies de animais.

O medio The Guardian adiantou que a compañía responsable do videoxogo lles confirmara, nunha charla coa xornalista Keza MacDonald, que GTA VI contaría con 62 especies diferentes de aves. Se ben non se coñecen todas as que estarán presentes nesta entrega, si hai pequenas pistas que os seguidores do universo GTA foron recollendo durante os anos a través de diferentes materiais promocionais. A plataforma gtabase recompilou todos os animais que se identificaron ata o momento no xogo. Estes son aqueles que tamén poden atoparse en Galicia.

Publicidade

Animais terrestres

A web recolleu 28 especies de animais terrestres, das cales 17 están tamén na comunidade galega. Son as que seguen:

  • Pastor australiano (en calidade de animal doméstico)
  • Xabaril ou porco bravo
  • Gato (en calidade de animal doméstico)
  • Chihuahua (en calidade de animal doméstico)
  • Vaca
  • Cervo
  • Dóberman (en calidade de animal doméstico)
  • Raposo
  • Ra
  • Pastor alemán (en calidade de animal doméstico)
  • Labrador (en calidade de animal doméstico)
  • Lontra ou londra
  • Mapache
  • Rata
  • Rottweiler (en calidade de animal doméstico)
  • Serpiente
  • Esquío

Aves

Rockstar Games adiantou a The Guardian que haberá 62 especies de aves en Galicia, pero aínda non se coñecen todas. Das nove variedades que recolle o portal gtabase, oito poden atoparse no territorio galego:

  • Pato
  • Flamingo
  • Garza
  • Pelícano (presenza moi ocasional)
  • Paloma
  • Gaivota
  • Cullereiro
  • Peto ou picapau

Animais mariños

Dos 11 animais mariños que recolle a plataforma gtabase, oito están tamén en Galicia.

  • Cangrexo de río
  • Golfiño
  • Anguía
  • Tiburón ou quenlla martelo
  • Quenlla
  • Medusa
  • Tartaruga mariña
  • Balea

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dez obras, un mapa e unha liña do tempo: así funciona o xogo en liña Anthropeum

A aplicación gratuíta combina xeografía e historia e permite descubrir pezas de arte de culturas de todo o mundo a partir da colección do MET

A insólita historia de Álex González, autor do primeiro videoxogo da industria galega

The Wall, comercializado no ano 1986, é o xogo máis antigo rexistrado en Galicia: agora, unha exposición narra o percorrido vital do seu creador

Un videoxogo nado en Ferrol, nominado aos premios iokool PlayStation Talents

A historia dunha nena que viaxa a unha illa de fantasía e pesadelos repleta de xoguetes opta a catro galardóns

Carteis en catalán? Estes son os erros do videoxogo ambientado na Costa da Morte

A última entrega da saga 'Call of Duty' inspirouse no faro de cabo Vilán para recrear a loita contra unha banda de narcotraficantes