Universidades de Azerbaiyán, Ucrania, Tayikistán e Kirguistán visitan o Campus Terra

Os vicerreitores Javier Bueno e Andrés Barreiro ofreceron este xoves unha recepción institucional a responsables seis universidades de Azerbaiyán, Ucrania, Tayikistán e kirguistán que están a visitar a USC no marco do proxecto internacional Tempus Univia, orientado a favorecer o desenvolvemento e a mellora da administración universitaria en asuntos internacionais.

A delegación asiática que visitou este xoves o Campus Terra da USC, unha comitiva integrada por sete responsables universitarios, tivo a ocasión de coñecer a Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, ademais de visitar a Unidade de Xestión Administrativa (UXA) e coñecer así de primeira man o funcionamento dos distintos servizos universitarios.

Publicidade

O proxecto Tempus Univia de desenvolvemento e mellora da administración universitaria en asuntos internacionais (UNIVIA) está orientado á creación e ao reforzo dunhas relacións internacionais completamente novas, a partir da implantación e a optimización de mecanismos de administración flexible para mellorar o traballo e favorecer unha administración universitaria global.

As universidades asiáticas que participan neste proxecto internacional recorren á maior experiencia das institucións académicas europeas para coñecer o seu funcionamento administrativo no eido das relacións internacionais, a fin de poder incorporalos logo aos seus respectivos centros de procedencia.

Publicidade

A delegación asiática chegada este xoves á sede universitaria recalou o 4 de abril en Santiago de Compostela, onde permanecerá ata o vindeiro xoves 14. Durante a súa estadía en Santiago, onde, entre outros servizos universitarios, xa visitaron o Centro de Linguas Modernas, os membros desta delegación universitaria terán oportunidade de coñecer o funcionamento dos distintos servizos administrativos e de goberno da USC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias

Do residuo ao tratamento: ingredientes contra doenzas animais a partir do bagazo de uva Albariño

Un proxecto europeo coordinado pola USC transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións

Identificados no noroeste peninsular 14 lagares de cera excepcionais en Europa

Un estudo da USC analiza a distribución de construcións tradicionais para aproveitar os produtos apícolas e das que apenas existen exemplos conservados no continente

A árnica mostra unha elevada diferenciación na península ibérica fronte ás poboacións europeas

Un equipo da USC revela as singularidades da planta medicinal e advirte da súa delicada situación polo seu uso continuado en farmacia e cosmética