Google xa promociona o Monte Pindo como parque natural

O xigante de Internet Google, xa publicita o Monte Pindo como Parque Natural. Cando agora se introduce no famoso buscador “Monte Pindo”, o primeiro resultado é unha ficha do espazo natural cun mapa da zona, valoracións dos usuarios, información sobre o macizo… e unha descrición que o clasifica como “parque natural. De momento isto só pasa cos resultados en español; en galego aínda aparece como reserva natural.

A denominación en Google non é casualidade. Porque a Asociación Monte Pindo destaca que foi a propia empresa a que lles comunicou a decisión, telefónicamente dende a súa sede central: “Tiveron a xentileza de comunicarnos isto hai xa uns meses mediante unha chamada á nosa entidade desde as oficinas centrais de Google para Europa, radicadas en Dublín, a capital irlandesa”.

Publicidade

Dende a Asociación Monte Pindo queren resaltar que, a pesar de que moitas persoas están totalmente convencidas de que o monte ten o título de parque natural e moitas guías turísticas o sinalan como tal, seguen a loitar para conseguir que a Xunta de Galicia lle conceda oficialmente esta distinción.

Os apoios colectivos incrementáronse nun 111.34%

A loita vai por bo camiño. Poucas causas aglutinaron nas últimas décadas tantos apoios no tecido asociativo galego como a declaración do Monte Pindo como parque natural, coa que xa colaboran máis de duascentas entidades. Desde a última Asemblea Xeral, que tivo lugar en novembro de 2012, os apoios colectivos incrementáronse un 111,34%. Ademais, estes apoios proceden dos sectores máis variados. Aparte do agardado apoio das entidades relacionadas co ecoloxismo, produciuse a incorporación das organizacións do entorno,do Concello de Carnota e a Comunidade de Montes Veciñais. Ademais, contan cunha multitude de apoios científicos, académicos, deportivos, culturais e empresariais.

O gran volume de apoios colectivos dos que pode presumir a organización e a recente clasificación de Google como Parque Natural, apuntalan unha loita que podería finalizar con éxito moi pronto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O estado do galego e Internet

A presenza do idioma é residual na web e atopa moitas barreiras, dende o seu emprego na publicidade ata nos motores de busca

As covas do Monte Pindo, o refuxio dos disidentes durante a represión franquista

Un proxecto galego recupera a memoria dos fuxitivos da Guerra Civil na Costa da Morte a través de 12 pezas documentais

O galego é a lingua cooficial cun menor desenvolvemento de tecnoloxía lingüística

Un informe de atlanTTic, incorporado ao European Language Equality, revela a brecha “crítica” respecto ao catalán e o éuscaro en recursos con datos multimedia ou do ámbito da saúde

Fragas do Eume: o gran bosque atlántico baixo a ameaza do eucalipto

Cando se cumpren 25 anos da súa declaración como Parque Natural, o espazo fai fronte a desafíos como as especies invasoras, os incendios e a deforestación