O reitor e o presidente do Consello Social presentan os actos do 25 aniversario da UDC
O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto Barbeito, e o presidente do Consello Social, Antonio Abril Abadín, presentaron esta mañá en rolda de prensa algúns dos actos previstos para a celebración do 25 aniversario da creación da Universidade da Coruña baixo o lema “25 anos da Universidade da Coruña. Avanzando o futuro”. Ademais de contar cun logo específico conmemorativo desta sinalada data, unha comisión organizadora presidida polo reitor e polo presidente do Consello Social, está a organizar toda unha serie de actos para poñer de relevo os logros acadados nestes 25 primeiros anos de existencia da universidade pública das cidades da Coruña e Ferrol.