Un simposio en Santiago tratará a imaxe da prostitución nos medios de comunicación

Un simposio en Santiago tratará a imaxe da prostitución nos medios de comunicación

A USC celebrará o simposio ‘Comunicación e xénero. Prostitución e prostitucións simbólicas’, unha xuntanza científica pioneira pola súa temática de análise. Esta é unha iniciativa que se organiza dende a Facultade de Ciencias da Comunicación no marco do proxecto de investigación Promediar (Prostitución e Medios de Comunicación. Análise e Recepción) que conta co financiamento do Instituto de la Mujer. O día 1 outubro remata o prazo para o envío de abstracts.
O encontro, que xa conta con inscricións de profesionais procedentes de Sudáfrica, Albania, Inglaterra, Arxentina ou Turquía e que dirixe o profesor Luís Álvarez Pousa, terá como tema central a representación da prostitución nos medios de comunicación. A partir deste enfoque están previstas varias mesas temáticas nas que terán cabida todas aquelas achegas que entren da liña de investigación relacionada coa comunicación e o xénero.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha carta do presidente de Apatrigal reclama unha alternativa ás tubaxes das gárgolas do Obradoiro

Carlos Fernández Coto defende solucións técnicas máis integradas, ao considerar que “non pode xustificarse como única nin como inevitable”

A camelia consolídase como emblema galego nunha nova mostra en Santiago

O evento levarase a cabo entre o 2 e 4 de abril con acceso libre, ofrecendo máis de 200 variedades da flor e instalacións audiovisuais

Cando a luz é máis que arte: iluminar para conservar o patrimonio de Santiago

Un estudo da USC confirma a eficacia dun novo sistema de iluminación ornamental, en cores ámbar e verde, para a conservación da arquitectura en pedra

Maior Pérez e o seu instinto empresarial na Pontevedra do século XIV

A nobre de orixe compostelá, unhas das máis poderosas do seu momento, impulsou uns baños públicos únicos na Galicia medieval