Un ‘bioblitz’ para mergullarse na gran diversidade do Courel

A Estación Científica da USC acolle os días 15 e 16 de xuño esta experiencia de turismo científico da man de expertos coñecedores da zona

A Estación Científica do Courel celebrará os días 15 e 16 de xuño a segunda edición do Bioblitz Ancares-Courel, unha actividade entendida como experiencia de turismo científico ou prospección intensiva da biodiversidade, a través da que os seus promotores pretende achegar á cidadanía as potencialidades e a riqueza natural e paisaxística deste enclave da montaña luguesa.

O II Bioblitz Ancares-Courel, unha iniciativa promovida pola USC en colaboración coa área de Turismo e Cultura da Deputación de Lugo, e o Concello de Folgoso do Courel, entre outras entidades e colectivos, antóllase como unha oportunidade para a que tanto naturalistas profesionais como afeccionados, así como outras persoas amantes da natureza, acheguen datos de interese para a ciencia e, sobre todo, de utilidade para a conservación da contorna natural courelá, logo dunha prospección intensiva da biodiversidade da zona durante 24 horas.

Publicidade

Trátase dunha intervención amena e respectuosa co medio ambiente, na que as diversas observacións fotográficas recollidas polas persoas participantes pasarán a formar parte dun inventario biolóxico fotográfico intensivo de flora, fauna e micobiota en varios espazos concretos de este territorio excepcional.

Programa do bioblitz

http://xornal.usc.gal/xornal/acontece/imaxes/2019_05/bioblitz.jpg

O II Bioblitz Ancares-Courel é unha das actuacións contempladas no convenio que manteñen o grupo de Sistemas Silvopastorais do da USC e a Deputación Provincial de Lugo, un acordo a través do que se procura avanzar na promoción e valorización do turismo e dos recursos micolóxicos e naturais no xeodestino Ancares-Courel, segundo sinala o catedrático da USC e director da Estación Científica do Courel, Antonio Rigueiro Rodríguez.

Publicidade

O prazo de inscrición para tomar parte no II Bioblitz Ancares-Courel permanecerá aberto ata o vindeiro martes 12 de xuño. As persoas interesadas poderán formalizar a súa matrícula de balde a través do enderezo de correo electrónico proxecto.micoloxia@usc.es ou a través do número de teléfono 982 823 137.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS